ORCID (Open Researcher and Contribution ID) é un servizo gratuito que proporciona un identificador dixital único para as autoras e autores do ámbito científico e académico. Ter un número ORCID é a vía óptima para identificarse como autora e atribuirse correctamente todas as publicacións propias.
Aspira a ser o rexistro mundial de autoras e autores, ás que identifica e vincula coas súas constribucións e filiacións ó longo do tempo, disciplinas e fronteiras.
Ademais, permite enlazar con outros perfís personais como Research ID, Scopus Author ID e Google Schoolar Citations. Este identificador está aceptado por organizacións e editores científicos.
É un identificador numérico que se asigna automaticamente ás e ós autores que teñan publicaciones recollidas na base de datos Scopus. Agrupa os diferentes nomes baixo os que pode aparecer un autor/a nos documentos da súa autoría recollidos na base de datos.
Permite sincronizar con Orcid.
O único requisito é ter un perfil en Google Scholar, despois poderemos engadir as nosas publicacións.
INFOguía Google Scholar Citations
Todos os autores e autoras que teñen publicacións en Dialnet contan cun identificador único e unha páxina propia onde se recolle a súa producción científica. Mostra a filiación, ligazóns ás citas en Dialnet métricas, ademáis de permitir incorporar ligazóns a outros perfís e páxinas web. Para facer calquer cambio ou modificación, hai que poñerse en contacto coa biblioteca do teu centro.
Por último, lembrar:
O noso nome normalizado debe ir acompañado da nosa filiación institucional.
Seguiremos a Normativa sobre filiación institucional para as e os autores da UDC: