A Biblioteca Universitaria da UDC dispón de varias coleccións de libros electrónicos a dispor da comunidade universitaria, algunhas delas de interese para Ciencias do Deporte e a Educación Física.
Destacamos pola súa importancia a colección de e-libros publicados pola editorial Panamericana e accesibles desde a súa plataforma Eureka.
eLibro: neste portal hai moitos dos libros das editoriais Paidotribo e Wanceulen que temos en papel na Biblioteca, agora e aquí en ebook. Podes acceder desde o portal do proveedor ou desde o metabuscador Pórtico.
Préstamo de ebooks:
LeBUC: plataforma de préstamo de libros electrónicos onde podedes atopar libros de editores comerciais españois e publicacións de editoriais universitarias.
Podes buscar no metabuscador Pórtico, e tamén dende o catálogo web da Biblioteca Universitaria.
Tamén por editor ou por colección temáticas
LEMBRA AUTENTICARTE SE ESTÁS FÓRA DA UDC PARA PODER CONSULTAR ESTES RECURSOS!!!