Vas comenzar o teu traballo, xa sabes que dispós dun prazo para presentalo e contas coa axuda dun titor para orientarte na realización do mesmo. Tes información máis completa aquí.
O teu titor darache as pautas para presentar o traballo acorde ás Pautas de Estilo para Traballos Fin de Grao (TFG) en Dereito.
Necesitarás moita información que terás que consultar en multitude de fontes, tanto impresas como electrónicas. A Biblioteca de Dereito conta cunha ampla gama de recursos que che serán de utilidade.
A Biblioteca axuda na busca dos recursos máis axeitados e de maior calidade sobre a materia elixida, pero será o alumno quen debe aproximarse de modo crítico á materia sobre a que vai realizar o traballo académico.
A avaliación da información é fundamental mentres desenvolvemos todo o proceso de busca e investigación, aínda que moitas veces non se ten en conta ou non se lle dá a importancia necesaria.
Pode que non toda a información que obteñas sexa pertinente para o teu traballo ou que non sexa fiable ao 100%. Por iso é imprescindible avaliala.
Os aspectos máis importantes que debes ter en conta son:
Criterios de avaliación para artigos, monografías, teses e obras de referencia
Criterios de avaliación para sedes web, bases de datos, blogs
O teu traballo é un documento que está destinado a ser lido e avaliado, polo tanto deberás de ser coidadoso coa estrutura e redacción deste.
Convén prestar atención á linguaxe utilizada. O texto debe ser facilmente comprendido polo lector. Faremos uso da linguaxe especializada na materia. É recomendable utilizar frases e oracións curtas, evitando un exceso de palabras. Evita os artificios lingüísticos que compliquen a lectura e a comprensión do texto. Axusta os contidos ao tempo establecido.
ASPECTOS FORMAIS
É importante prestar atención aos aspectos formais do texto (tipo e tamaño de letra, numeración das páxinas, interliñado, etc.) que se deben manter ao longo de todo o documento. Se tes que pegar un texto no teu traballo, para unha cita literal ou o texto dunha lei, procura escoller como opción de pegado Só valores (pega sen arrastrar formato).
Utiliza os logos, símbolos e logotipos oficiais da UDC no teu traballo, que podes descargar directamente desde a web da universidade nunha calidade óptima.
Algunhas das pautas para a Facultade de Dereito son:
Na portada deberán aparecer tódolos datos identificativos do traballo que se presenta, deben aparecer:
Na portada do traballo deberán aparecer os seguintes datos
Deberás soster os teus argumentos utilizando diversas fontes de información que debes mencionar no teu traballo. Incluiranse libros, artigos de revistas, capítulos, actas de congresos, páxinas web, lexislación, xurisprudencia, etc.
As citas compóñense de elementos comúns para identificar as fontes dos nosos traballos, como son o autor, o título, a data de publicación e outros datos identificativos ou que permitan a localización do documento como poden ser: o volume, fascículo, paxinación, url, data de consulta no caso de documentos en liña que poden ser modificados, etc.
Se en lugar de parafrasear a un autor, realizas unha cita literal (palabras exactas) isto resáltase no texto así:
Se tes dúbidas, consulta nas infoguías o tipo de citas que existen.
Nos Traballos Fin de Grao e Fin de Mestrado en Dereito na UDC, as citas teñen que seguir unhas Pautas aprobadas pola Comisión de Garantía da Calidade do centro que están baseadas na Norma AENOR UNE 690-2024 (nesta infoguía atoparás un pequeno resumo sobre a norma UNE-690).
Neste área é particularmente importante observar como cómpre facer as citacións de lexislación e xurisprudencia segundo esas pautas.
Recomendámosche utilizar un xestor bibliográfico para recompilar e xestionar as referencias bibliográficas que vaias a utilizar no teu traballo e para realizar a redacción do mesmo, xa que facilita a súa elaboración seguindo as pautas de estilo anteriormente mencionadas.
Un xestor bibliográfico ou xestor de referencias bibliográficas é uhna aplicación informática que se utiliza para organizar as referencias bibliográficas, procedentes de diferentes fontes de información. Permiten a creación de bases de datos personais nas que o investigador pode recompilar, gardar, actualizar e ordenar un gran volume de referencias bibliográficas.
Cada persoa usuaria crea, actualiza e mantén a súa base de datos bibliográfica segundo as súas necesidades. Pódense cargar as referencias de forma manual ou automática, a partir de buscas en catálogos, bases de datos ou portais de revistas electrónicas.
Existen moitos xestores que podes utilizar:
Recomendamos o uso de Refworks porque nel atoparás configurado un estilo especial para citar bibliografía na área de dereito. Este estilo segue as Pautas marcadas pola Facultade de Dereito da UDC para a entrega de TFGs
O nome do estilo é o seguinte, dependendo do idioma no que estés redactando o teu traballo:
Para seleccionar o dito estilo en Refworks debes premer nas Opcións de visualización que hai na marxe superior dereita e premer na rodiña que aparece na subopción Visualización de citas e alí seleccionar o estilo entre os Estilos institucionais.
Organiza as túas referencias por carpetas e utilizando etiquetas segundo as túas necesidades
Revisa sempre a información cuando importes/cargues referencias desde as bases de datos, catálogos, webs…
Temos que ter en conta que as fontes de información de onde obtemos as referencias que importamos a un xestor son variadas e algunas ofrecen información moi completa pero outras escasa, ou mesmo teñen inconsistencias á hora de importar.
É importantísimo vixiar o seguinte:
- Que esté no campo correcto
- Que a orde da información sexa correcta (ás veces os apelidos e nomes dos autores impórtanse invertidos)
- Que non sobre ou falte información. Neste sentido é recomendable que a url leve ao documento orixinal se está en aberto (se o documento ten DOI a url substitúese por este) ou se elimine esta información se é un documento pechado.
Na área de dereito é frecuente que as bases de datos non conten con ferramentas automatizadas para importar a información ao teu xestor, sobre todo no caso da Lexislación e a Xurisprudencia. Neste caso terás que meter a información manualmente cando non existan outras opcións. Consulta neste apartado como introducir os datos e en que campos para unha correcta visualización mentres redactas.
Descárgate o plugin para a teu procesador de texto. Todos os xestores teñen extensións para instalar neles e poder citar e xerar bibliografía a medida que traballas e son moi fáciles de utilizar.
Estas monografías, que forman parte dos fondos da biblioteca, poden axudarte na elaboración do teu traballo.