Se non utilizaches previamente ningún outro xestor, recomendámoche utilizar Refworks, que é un xestor totalmente online subscrito pona UDC, no que atoparás configurado un estilo especial para citar bibliografía na área de dereito. Este estilo segue as Pautas marcadas pola Facultade de Dereito da UDC para a entrega de TFGs
O nome do estilo é o seguinte, dependiendo do idioma no que estés redactando o teu traballo:
Para seleccionar o dito estilo en Refworks debes premer nas Opcións de visualización que hai na marxe superior dereita e premer na rodiña que aparece na subopción Visualización de citas.
Se che abrirá unha pantalla que che permite buscar entre máis de 7000 estilos de citas, ver os estilos que usaras usado recentemente, os estilos que editaras (porque podes editalos e axustarlos ás túas necesidades), e os chamados estilos institucionais, onde atoparás estes estilos que che comentamos e podes seleccionalos para traballar. O estilo que selecciones aquí é o que se executará cuando uses o plugin de Word (ou otro procesador).
Xa que as Pautas recomendan realizar as citas en texto e non como notas a pe de páxina (a non ser que queiramos facer algunha aclaración), escolle o formato Sólo en texto cando estés engadindo unha cita ao documento a través do plugin de Refworks en Word (ou outro procesador de texto).
Excepción: no caso da Lexislación e a Xurisprudencia escolleremos a opción Nota al pie (está configurado para que apareza no texto pero sen paréntese).
As citas pódense editar de modo que podemos eliminar o autor, o año, amosar como Autor (ano) e engadir paxinación. Tamén podes engadir texto antes ou despois da cita.
Estes cambios a través do editor son permanentes e manteranse cando cambies algo en Refworks e actualices en Word.