Ten en conta que:
A falta de normalización dos nomes dos investigadores e dos seus centros nas publicacións científicas e nas principais bases de datos bibliográficas:
● Diminúe a súa visibilidade a nivel nacional e internacional
● Dificulta a recuperación das publicacións e das citas por elas recibidas
A correcta identificación das publicacións da UDC, ademais de asegurar prestixio académico para a Universidade, garantiza tanto a recuperación das publicacións e das citas por elas recibidas como a adecuada obtención de indicadores relativos á actividade científica da UDC.
Outras recomendacións:
O documento dá unha serie de recomendacións aos autores para a redacción dos seus datos persoais, que deberían consignar sempre da mesma forma (Nome Bibliográfico Único) ao longo de toda a súa carreira profesional. As recomendacións refírense tamén á forma máis apropiada para o nome da conta de correo electrónico, para a URL das páxinas web persoais ou para indicar o nome da institución na que desenvolven o seu traballo.
O Rexistro de ORCID está dispoñible de forma gratuíta para os investigadores, que poden crear e manter o seu propio rexistro e buscar os datos doutros investigadores. O mantemento permite editar, modificar e actualizar o rexistro, dispoñendo do control total sobre os datos, indicando cales son privados, cales públicos e cales se poden compartir (con editores ou con outros centros académicos ou de investigación).
ORCID é un identificador composto por 16 díxitos e baseado na norma ISO 27729:2012 (Information and documentation -- International estándar name identifier- ISNI), que permite aos investigadores dispoñer dun código de autor persistente e inequívoco que lles permite distinguir claramente a súa produción científico-técnica.
Independentemente do código ORCID que teña cada investigador, este debe asinar as súas publicacións co seu nome persoal e a súa afiliación institucional.
Dialnet propón favorecer a visibilidade e a accesibilidade aos contidos dunha institución colaboradora.
Isto conséguese concentrando a información que as institucións posúen dentro de Dialnet nun único lugar, no cal podemos encontrar:
Ademais a páxina é personalizable e permite modificar os datos propios da institución que nel aparecen.
Researcher-ID é un portal da Web of Science onde, entre outros múltiples servizos, podes unificar as variantes do teu nome e as publicacións asociadas baixo un código persoal (ID).
Researcher-ID non normaliza as firmas na base de datos de autoridades da WOS, pero ao agrupar as distintas variantes do teu nome e as túas obras baixo este identificador, conseguirás unha maior visibilidade da túa produción científica e incrementar así o teu índice de citas, polo que recomendámosche usar este servizo creando unha conta e agrupando baixo ela as túas publicacións.