Infoguía A identificación de autoría na UDC
Normas da UDC para a fililiación institucional
Normalización da sinatura Biblioteca da Universidade de Sevilla
A sinatura é unha parte moi importante dunha publicación xa que outorga a unha persoa ou grupo de persoas a autoría intelectual.
A falta de normalización dos nomes dos investigadores e dos seus centros nas publicacions científicas e nas principais bases de datos fai que:
Unha firma normalizada identifica e distingue doutros investigadores. Polo tanto, é conveniente asinar sempre do mesmo xeito e ademáis rexistrarse como autor para evitar confusións e garantir que os traballos de cada autor estean perfectamente asinados.
Existen dous documentos elaborados pola Universidade da Coruña Normas da UDC (Instrución de setembro de 2016) dos que podemos destacar o seguinte:
Modelo tipo:
Datos do autor:
Nome do autor * (obrigatorio)
ORCID ** (recomendado)
Filiación institucional:
Nome da institución: Universidade da Coruña (obrigatorio)
Nome do grupo de investigación, departamento, instituto ou centro (opcional)
Dirección, código postal, cidade e país (obrigatorio)
Dende a Biblioteca ofrecemos un servizo de asesoría personalizado: podemos axudarte a elixir a sinatura máis axeitada, desenvolver unha firma institucional, etc. Ademais, no caso que se escolla mudar a firma persoal, e importante poñerse en contacto con nós para que tramitemos o cambio desta non só no RUC e no catálogo, senón tamén no rexistro da Biblioteca Nacional.
Contacta coa Biblioteca.
Ext: 1509, 1517.
biblioteca.dereito@udc.es