O "Plan de Xestión de Datos" nos proxectos de investigación da área das ciencias xurídicas

Antes de realizar unha investigación, debemos ter claro como se xestionarán os datos cos que imos traballar.

Se a investigación vai consistir na presentación de conclusións exclusivamente a partir da consulta bibliográfica, como adoita suceder en dereito, esta bibliografía debe ser tratada axeitadamente se queremos cumprir cos preceptos da ciencia aberta e cos requisitos que establece o financiamento público. Nos últimos anos é obrigatorio nos programas financiados con fondos europeos e/ou nacionais non só abrir os datos (ademais dos resultados da investigación) senón facer público o plan de xestión de datos, que loxicamente debe ser o primeiro paso de todo o proceso.

No caso das ciencias xurídicas, a propia bibliografía pódese considerar un conxunto de datos.

Polo tanto, en investigacións como a que estamos a abordar, habituais nas ciencias xurídicas, na que queremos xestionar unha bibliografía, difundila e acompañar o traballo dun plan, é tecnicamente obrigatorio traballar cun xestor de referencias bibliográficas, o que nos permitirá xerar información estruturada en campos que faciliten a súa recuperación, reutilización e posible tratamento mediante bases de datos.

Os datos compartidos en acceso aberto deben cumprir os principios FAIR, o que significa que os devanditos datos deben atoparse facilmente en Internet (Findable), os devanditos datos deben ser accesibles (Accessible), debe utilizarse un vocabulario compartido e estandarizado na descrición do datos para facelos interoperables (Interoperable) e deben ser reutilizables (Reusable).

 

 

Aspectos que se poden engadir a un plan de xestión de datos baseado en bibliografía para cumplir os ditos requisitos :

 

  • Orixe dos datos ou fontes de información de onde se extraen (plataforma Tirant, Legalteca…) 
  • Onde se almacenan os datos (local, nube, xestor…) 
  • Como se estructuran (cartafoles temáticos, por tipoloxía, por autor…) 
  • Que metadatos (campos) se recollen 
  • ¿Son só datos ou también se recollen textos completos (PDFs) que se poden compartir (licenzas abertas, boletíns oficiais….? ¿Recóllense ligazóns ao mesmo texto? 
  • ¿Que persoas xestionan eses datos? ¿Como se traballa con eles? ¿Faise de maneira cooperativa? ¿Que solucións técnicas se deron para poder realizar ese traballo cooperativo. ¿Control de accesos? 
  • Cuestións éticas/legais (proteción de datos ou propiedade intelectual, no caso que nos ocupa, non afectados) 
  • Cómo se van a partillar/difundir
    • Software aberto (archivo CSV)
    • Tipo de licenza
    • Acompañado dun ficheiro .txt descritivo dos datos para facilitar o seu uso
  • Onde se van a partillar/difudir (Zenodo – Comunidade UDC) 

 

Infoguía: Datos de investigación