En principio calquera documento que figure no Catálogo da Biblioteca como dispoñible ou cunha data de devolución concreta.
Por norma xeral, NON se prestan obras de referencia (dicionarios, enciclopedias, etc.), revistas e obras do fondo antigo, así como o resto de documentos que figuran no Catálogo como excluídos de préstamo (Consulta en Sala).
IDENTIFÍCATE: Antes de realizar calquera busca recomendámosche que te identifiques previamente.
Dese xeito poderás ver a información completa de todos os documentos que recolle o catálogo, acceder aos recursos electrónicos contratados pola UDC e realizar accións sobre os documentos, como por exemplo reservalos, solicitar a compra doutro exemplar ou pedir a outras institucións alleas artigos ou capítulos aos que non temos acceso.
Unha vez localizado o exemplar no Catálogo, debes ter en conta 4 datos importantes.
Como dicimos, xa na LISTAXE DE RESULTADOS vas ver sempre:
No REXISTRO, atoparás unha primeira información sobre as distintas localizacións do documento.
Na biblioteca de Dereito as obras distribúense en distintos espazos:
Os libros de bibliografía recomendada DER-BR poden estar ubicados en calquera planta, normalmente na planta baixa. Os que teñen un código/ sinatura rematado en /número están nas plantas superiores
Unha vez premes na localización que che interesa verás todos os exemplares nela coa seguinte información:
No catálogo da Biblioteca aparecen igualmente todas as revistas que temos. Se dispoñemos da versión electrónica, encontrarás o acceso dende o mesmo catálogo.
As publicacións periódicas podes atopalas na Hemeroteca da biblioteca, situada na primeira planta, colocadas por orde alfabética.
As revistas están excluídas do préstamo. Pódense sacar da biblioteca o tempo necesario para fotocopiar os artigos que precises.
Desde o momento da devolución, o usuario será sancionado sen poder levar libros tantos días hábiles como documentos con préstamo vencido teña e días de retraso acumule, ata un máximo de 40 días. As sancións son acumulables.
Exemplo: se o usuario ten 4 libros e atrásese 5 días en devolvelos, será sancionado con 20 días hábiles (4 semanas, se non hai festivos por medio) sen poder llevar documentos en préstamo.
En caso de perda ou deterioración o usuario deberá restituir a obra prestada por outro exemplar da mesma edición. Se a obra está esgotada terá que adquirir outra de características similares. Mentres non se restitúa a obra, o usuario quedará excluído do servizo de préstamo.
A Universidade da Coruña conta con dúas opcións para estes casos:
Préstamo intercentros: Permite solicitar en préstamo documentos depositados noutras bibliotecas da Universidade da Coruña sen necesidade de desprazarse á Biblioteca correspondente.
Préstamo interbibliotecario: Permite aos usuarios solicitar documentos que non se encontren nos fondos da Universidade da Coruña. Para desfrutar deste servizo o usuario terá que darse de alta no menú do usuario. Poden utilizar este servizo os membros da comunidade universitaria da UDC e os usuarios autorizados que dispoñan do carné de usuario externo.
O catálogo Crunia recolle capítulos e artigos así que moitas veces atoparalos buscándoos directamente nel. No caso de buscar o capítulo ou o artigo e non atopalo no catálogo, intenta buscar o documento fonte, isto é, a monografía ou a revista que o contén (o obra xeral na que se publicou a parte que queremos localizar. Exemplos de busca dos documentos fonte.
No catálogo podes recuperar a información desde diferentes campos se utilizas a busca avanzada:
-Dende o campo Autor, podemos introducir o nome do responsable da edición, o compilador ou/e anotador da lexislación.
Tamén podemos buscar por País ou Comunidade Autónoma onde se dictou a norma, seguido do Ministerio ou Consellería autonómica.
-Dende o campo Título, podemos recuperar a lexislación polas primeiras palabras do título da obra, si as coñecemos.
Podes buscar tamén polo "título uniforme", que garantiza unha entrada idéntica no catálogo para todas as leis ou coleccións de leis de calquera materia, independentemente do título que teña a obra. No caso de leis individuais se inclúe a data de promulgación.
-Dende o campo Materia, podemos buscar a lexislación sobre un tema concreto utilizando unha palabra clave seguida do término lexislación.