Distribución dos espazos da Biblioteca

A Biblioteca de Dereito consta de planta baixa e dúas plantas. Accédese a ela desde o vestíbulo da facultade, pola planta baixa, onde atoparás o mostrador de atención ao usuario para préstamos, consultas, etc.

A Biblioteca é de acceso libre, salvo un depósito, onde se sitúan as obras menos actuais, que podes solicitar ao persoal da biblioteca no mostrador.

En todas as plantas hai postos de lectura ou consulta e tamén algún ordenador para consultar o catálogo da biblioteca, bases de datos, etc., con impresora na planta baixa (só impresións relacionadas coa biblioteca e ata 15 páxinas).

Dispós de espazos diferenciados dedicados ao traballo en grupo, a investigación e o apoio á docencia.

A colección distribúese fundamentalmente en función do seu grao de especialización.

Planta primeira

  • Revistas en curso ordenadas por orde alfabética

Monografías especializadas de:

  • Dereito financeiro (351.72)
  • Dereito procesual (347.9)
  • Dereito penal (343)
  • Dereito internacional público (341)
  • Dereito internacional privado (341.9)

Sala de traballo en grupo

  • Situada na primeira planta da Biblioteca
  • Adicada a actividades colectivas de estudo e investigación
  • Acceso libre 
  • WIFI

Sala de investigadores

  • Situada na segunda planta da Biblioteca
  • Adicada exclusivamente a uso académico: investigación ou apoio á docencia
  • Uso exclusivo para profesores e investigadores da Facultade de Dereito, así como profesores visitantes e investigadores externos debidamente acreditados
  • WIFI
  • Ordenador con impresora e escáner

Equipamento adaptado ás TIC

  • Ordenadores de libre acceso:  postos de consulta a Internet, tanto á páxina web da Biblioteca, como a todos os recursos e servizos da Universidade da Coruña
  • Impresora: posibilidade de imprimir documentos (máximo 15 páxinas e sempre que teñan que ver coa biblioteca)
  • A maioría de postos de lectura contan con conexión á corrente eléctrica, pensados para traballar con portátiles. Algúns dispoñen de iluminación adicional
  • WIFI 

Usuarios con necesidades especiais

  • Postos de uso preferente  para persoas con discapacidade motora, na planta baixa da Biblioteca.
  • Préstamo dun atril de madeira para facilitar o estudo aos usuarios que o soliciten no mostrador.
  • Estes usuarios poderán solicitar a entrada á primera planta da Biblioteca por un acceso alternativo, así como solicitar no mostrador os documentos que precisen.