Recursos de información

Consulta en Crunia todos os recursos (libros, revistas, artigos, capítulos, teses...) electrónicos e impresos dos fondos da Biblioteca da UDC.

Por motivos técnicos, a meirande parte de revistas de La Ley, ainda que son atopables no catálogo, é preferible buscalas na base de datos La Ley Digital 360 e outro pequeno lote (Colección Todo, Repertorios e Jurisprudecia e Legislación laboral) necesitan contrasinais e son de acceso local. Para consultar estas últimas publicacións achégate ao mostrador da túa biblioteca.

Para ampliar información podes consultar os seguintes catálogos:

  • Rebiun (Catálogo das bibliotecas universitarias españolas)
  • Worldcat (O maior catálogo de bibliotecas do mundo xestionado pola OCLC)

Podes acceder á bibliografía recomendada das túas materias polo nome da titulación aquí.

Ofrece acceso aberto ao texto completo en formato dixital dos documentos xerados polos membros da Universidade da Coruña na súa labor docente e de investigación. O seu obxectivo é dar maior visibilidade á producción científica e docente da Universidade.

ruc

Ofrecémosche unha listaxe das revistas en papel que aínda están en curso/publicación que encontrarás dispoñibles na Hemeroteca da Biblioteca de Dereito.

Listado de las revistas

Listaxe das revistas electrónicas suscritas polo Servizo de Biblioteca. Poderás acceder a través das páxinas dos diferentes editores.

E-Revistas electrónicas

Scopus é unha base de datos bibliográfica de resúmenes e citas de artigos de revistas científicas. Contén información relativa a máis de 35.000 títulos de todas as áreas. Inclúe, ademais das revistas, series monográficas, actas de congresos, libros (baleirados a nivel de libro e capítulo) ou patentes. 

A cobertura temporal abrangue dende 1996 aínda que en ocasións pódese remontar a 1823.

Ademais de proporcionar información bibliográfica, Scopus ofrece ferramientas bibliométricas que miden o rendimiento de publicacións e autores, baesadas no reconto de citas recibidas por cada artigo. 

Podes crearte un perfil que ademáis de ás buscas de información che permite disfrutar de funcionalidades extra como gardar referencias e buscas, exportarlas e crear alertas.

Scopus

Web of Science é unha plataforma multidisciplinar de Clarivate á que se accede a través da licenza nacional xestionada por FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía). Este recurso está formado por unha amplia colección de bases de datos bibliográficas, citas e referencias de publicacións científicas de calquera disciplina do coñecemento. Proporciona información bibliográfica e acceso ao texto completo aos recursos electrónicos subscritos pola biblioteca (dos que non hai suscrición accedes aos datos bibliográficos). Ademáis permite avaliar, analizar o rendemiento e a calidade científica da investigación.

Para iso utilízase unha única interface de consulta, de forma individual ou a varias bases simultáneamente.

Podes crearte un perfil que ademáis de realizar buscas de información che permite disfrutar de funcionalidades extra como gardar referencias e buscas, exportalas e crear alertas.

 

Web of Science

Esta potente base de datos de lexislación europea, estatal e autonómica, contén Jurisprudencia, Doctrina (proviñente de órganos consultivos), Legislación consolidada, Convenios colectivos, Formularios, Opinión, Experta, Enciclopedia, Índices especializados e ata Calculadora e a busca pódese realizar a través dunha caixa de busca sinxela, unha busca avanzada ou acudiendo a cada apartado.

Permite 90 usuarios concorrentes.

Podes consultar esta guía de uso para sacarlle o máximo proveito.

Aranzadi Instituciones

Esta base de datos ofrece acceso ao texto completo dunha gran cantidade de revistas de Dereitoo, obras clásicas, publicacións legais das Nacións Unidas e constituciones do mundo.

A UDC dispón dun número ilimitado de licenzas polo que non hai límite de usuarios concorrentes.

Guía

LibGuides

Hein On Line

La Ley Digital 360 é un sistema de información xurídica en liña, que presenta un amplísimo contido actualizado continuamente e que tamén che permite acceder ao repertorio de revistas de Wolters Kluwer - La Ley na Legalteca e ao buscador de diariolaley. Consulta no mostrador da biblioteca para poder acceder a este recurso.

As revistas dispoñibles a través da base de datos serían as seguintes.

* Nota: se hai algunha revista que non atopas ou che dan problemas consulta o apartado de Revistas La Ley-Aranzadi de acceso local da nosa listaxe de Recursos de información.

  • Actualidad administrativa
  • Actualidad civil
  • Boletín laboral
  • Capital humano
  • Carta tributaria. Revista de documentación
  • Carta tributaria. Revista de opinión
  • Contratación administrativa práctica
  • Cuadernos de pedagogía
  • Diario La Ley
  • El Consultor de los Ayuntamientos
  • Especial directivos
  • Forum fiscal
  • Gestión práctica de riesgos laborales
  • La Ley Mercantil
  • La Ley Penal
  • La Ley Unión Europea
  • La Ley. Derecho de familia
  • Práctica de derecho de daños
  • Práctica de tribunales
  • Práctica urbanística
  • Revista de derecho concursal y paraconcursal
  • Revista de derecho de la competencia y de la distribución
  • Revista de derecho del mercado de valores
  • Técnica contable y financiera
  • Trabajo y derecho
  • Tráfico y seguridad

 

Permite acceder, ademais de ás ditas revistas, a estes outros recursos:

  • Jurisprudencia: inclúe, ademais de resolucións e sentencias de todos os Tribunais, todas as resolucións ditadas polos Tribunais menores (TTSSJs y AAPP) desde o 1 de xuño de 1999.
  • Doctrina del Tribunal Supremo: recopilación e análise da Doctrina do Tribunal Supremo dende o ano 2000 ata a actualidade.
  • Órganos Administrativos: resolucións de Tribunais administrativos, DGRN, DG Tributos, ICAC e unha gran selección dos órganos consultivos relevantes en cada materia.
  • Legislación: contén disposicións de todos os ámbitos normativos (internacional, europeo, estatal, autonómico e foral) dispoñibles na versión vixente en cada momento, podendo consultar tamén a redacción orixinal da norma e todas as súas versións intermedias dende o 1 de xaneiro de 2000.
  • Códigos: normas máis relevantes do noso ordenamento xurídico.
  • Convenios colectivos: incorpora o texto íntegro dos mesmos e as súas revisións, de todos os sectores de actividade, de ámbito provincial e interprovincial, en vigor dende 1998 e publicados a partir de 1990.
  • Doctrina: contén, a texto completo, todos os artigos doctrinais publicados no Diario La Ley dende 1985.
  • Formularios: modelos de escritos procesais, contratos e actos administrativos, referidos a todas as disciplinas.

La Ley Digital 360

Esta base de datos da acceso a toda a base de coñecemento xurídico de Lefebvre dende unha única plataforma con funcións de intelixencia artificial. 

O módulo de Xurisprudencia contén sentencias de TS, TC, AN Audiencias Provinciais, TSJ, DOUE, DOCE e Xulgados, Lexislación estatal, autonómica e europea, proporcionando acceso aos textos básicos permanentemente actualizados e as súas versións consolidadas, orixinal e intermedia. Ademais conta con: máis de 10.000 Formularios en todas as materias; unha ampla recopilación de artigos doctrinais en Bibliografía a texto íntegro; convenios estatais, autonómicos e locais integrados co resto de contido; un Diccionario Jurídico de máis de 2.500 termos; esquemas procesais civís, sociais, concursais, contenciosos-administrativos e constitucionais. Asimesmo tense acceso aos 48 Mementos, 8 Actum e a Revista de Jurisprudencia.

Da acceso a 3 usuarios concorrentes polo que é importante lembrar saír da plataforma tras o seu uso.

Neo (Base de datos jurídica general)

Plataforma dixital desde a que se pode acceder aos libros publicados pola editorial Tirant Lo Blanch e adquiridos pola Biblioteca, en formato electrónico. Todos estes exemplares están dispoñibles desde o catálogo da Biblioteca, no que atoparás un enlace ao Texto completo en formato dixital ademais de poder solicitar o exemplar en papel. 

Tamén podes acceder á lexislación e xurisprudencia estatal e autonómica e a bibliografía e formularios que se actualizan de forma permanente.

Prové un acceso limitado a 3 usuarios concorrentes polo que é moi importante desconectarse da sesión ao saír para permitir a utilización da plataforma ao resto de usuarios. É necesario rexistrarse en Tirant para imprimir.

 

Tirant Prime

Portal xurídico de lexislación, xurisprudencia, formularios, actualidade, etc. sobre responsabilidade civil, seguro e tráfico.

Esta plataforma require de usuario e contrasinal para acceder á información completa (texto completo). Pregunta no mostrador de la biblioteca para utilizalas nos ordenadores locais.

Top jurídico: : responsabilidad civil, seguro y tráfico

Esta base de datos ofrece acceso directo a miles de bases de datos que abarcan dende temas legais, a noticias de interese e negocios de todo o mundo; ademais conta con más de 13.000 fontes de noticias internacionais, e fontes comúns a varios países de todo o mundo. Por países comprende:

  • Reino Unido: fondos dende 1267 e casos de informes xudiciais, leis, xustiza civil, propiedad intelectual, etc. dende 1865.
  • Estados Unidos: lexislación, casos dende 1658 que inclúen informes, xurisprudencia, noticias de varios dos máis importantes periódicos, entre outras fontes.
  • Australia: casos dende 1903, con informes lexislativos das cortes federais e leis.
  • Unión Europea: lexislación da Unión Europea dende 1952 con informes de patentes, informes sobre dereitos humanos, propiedade intelectual europea, entre outros.
  • Hong Kong: casos dende 1905 incluindo informes de lexislación, informes sobre xustiza criminal, periódicos lexislativos, e dende 2003 “Journal of Chinese and Comparative Law”.
  • Canadá: casos dende 1825, informes sobre as cortes federais, ou estatutos canadienses entre outros.
  • Outras xurisdiccións internacionais

Westlaw International

Os libros que a Biblioteca de Dereito compra en formato DUO de Aranzadi inclúen versión en papel e electrónica. A editorial Aranzadi non permite a consulta remota da versión electrónica destes libros, polo que se o libro en papel está prestado e o necesitas, podes consultarlo de maneira local nos nosos ordenadores. Só tes que acudir ao mostrador para solicitar o acceso

O libros en papel que teñen esa opción amosan no catálogo un aviso de que están dispoñibles en liña (neste caso refírese ao formato electrónico local) a través da seguinte texto que aparece no seu rexistro: 

Texto completo. (Acceso dende a Biblioteca. Consulte no mostrador de préstamo)

 

 

Libros DUO Aranzadi (Biblioteca de Derecho)

A Agencia Estatal - Boletín Oficial del Estado na súa páxina web recolle varios recursos como son Libros, Códigos, Códigos universitarios, Material de oposicións e anuarios e revistas. 

Biblioteca Jurídica do BOE

Base de datos española de Teses onde se recolle o rexistro bibliográfico de todas as teses presentadas en España dende 1976.

Permite buscar por título, palabra chave, autor, directores e universidades.

Teseo

Atopa información académica relevante e pertinente a través deste buscador global.

Google Scholar

É un programa de apoio á infraestructura de comunicación de investigaciones en acceso aberto cun buscador de recursos electrónicos multidisciplinar.

Scielo