Servizo de Préstamo

As condicións de préstamo varían en función do tipo de usuario e a clase de documento. Como regra xeral pódense prestar todos os documentos, ainda que algúns deles poden estar suxeitos a restriccións en atención a criterios de conservación, dispoñibilidade, valor ou das súas especiais características.

Consulta na páxina xeral do Servizo toda a información acerca das condicións do préstamo.

  • As publicacións periódicas están excluídas de préstamo.
  • Podes reservar libros de calquera biblioteca para levalos en préstamo e devolvelos na biblioteca da túa elección. Recibirás un aviso da biblioteca no teu correo electrónico cando o libro estea dispoñible.
  • Se necesitas un documento que non se atopa en ninguna das bibliotecas da Universidade da Coruña podes:
    - Conseguilo por medio do Servizo de Préstamo Interbibliotecario
    - Propoñer que se compre, ben dirixindote directamente á biblioteca de Dereito ou ben a través do formulario.
  • Renovacións e reservas: É necesario iniciar unha sesión na área personalizada do catálogo identificándote coas túas credenciais da UDC ou co identificador do usuario (21+DNI) e contrasinal escollido no proceso de alta se es usuario autorizado.

Normativa