Cartografía dixital

Mapas e planos son contedores dunha información esencial que define, en termos espaciais, realidades próximas e afastadas, tanto do noso tempo como de épocas máis remotas, polo tanto son unha información moi útil para a vosa carreira.
Como podedes acceder a eles?

 

Mapas na Biblioteca

Para buscar mapas podes consultar:

Este material está excluído do préstamo a domicilio, pero pódese consultar na sala e sacar para facer unha copia.

Mapas en internet

Galicia

-- Información Xeográfica de Galicia. A Xunta de Galicia reuniu nesta páxina toda a información xeográfica de Galicia.

-- SIOTUGA. Recolle a información urbanística de Galicia. Permite consultar e descargar o planeamento urbanistico dos concellos galegos, as normas subsidiarias provinciais e a lexislación urbanística xeral e sectorial de aplicación en Galicia.

--Visor SixPac (Fondo Galego de Garantía Agraría). Sirve para a identificación de parcelas, mapas topográficos e ortofotos de Galicia.  

--Cartografía Antiga de Galicia: fondo de cartografía de Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia.

 --Xeoportal: Información xeográfica de Galicia, ofrece datos xeográficos e servizos proporcionados por distintas administracións e organismos públicos integrados na IDEE (Infraestrutura de Datos Espaciais de España). A IDEE dá visibilidade a todos os recursos IDE do noso país a nivel nacional, autonómico e  local; uns bos exemplos os temos nos   IDE de A Coruña , IDE Lugo ,  IDE de Santiago de Compostela IDE de Pontevedra,  IDE Ourense

España

-- Portal da dirección xeral do catastro. Onde se recollen os datos catastrais de España. 

--Instituto Geográfico Nacional.

--Cartografía xeocientífica. Información da auga subterránea, mapas xeofísicos, hidroxeolóxicos, etc.

--Colección de Xeografía e mapas da Biblioteca Nacional. Formada por un importante número de mapas antigos e modernos de todo o mundo, aínda que a maior parte corresponde a España.

--SIGPAC. Sistema de Información xeográfica de Parcelas Agrícolas, permite identificar xeográficamente as parcelas declaradas polos agricultores e gandeiros .

--SIU. Sistema de Informaión Urbana.  Dispoñible no portal do Ministerio de Fomento. Recolle datos do planeamento urbanístico de máis do 90% dos concellos de España.

--Cartografía antiga da Biblioteca Complutense. Guía da colección de mapas, vistas de cidades e obras cartográficas antigas desde a aparición da imprenta ata 1800.

--Fototeca Digital (Vuelos fotogramétricos y Vuelos 3D). Centro Nacional de Información Geográfica.(IGN) .

--CartoCiudad. Conxunto de datos da rede viaria urbana e interurbana continua de ámbito nacional, coa estrutura tipolóxica do SIG, xerado a partir de datos oficiais. A súa fonte de datos principais é a rede viaria da información Xeográfica de Redes de Transporte (RT) do IGN.

--Atlas agroclimático. Compendio de mapas que trata de describir o clima, a agricultura e a gandería de Castela León. 

--Instituto Español de Oceanografía (IEO). Organismo público de investigación. Fundouse  có obxetivo do estudo das condicións físicas, químicas e biolóxicas dos mares que bañan o litoral español.

--Banco de datos de la Naturaleza (BDN). O usuario pode acceder a información alfanumérica, cartográfica, documental e multimedia disponible sobre os distintos componentes do Inventario Español do Patrimonio Natural e a Biodiversidade.

 

Internacional

--Google Maps

--Google Earth

--Google Earth Engine. Función de Google Earth que permítenos ver a evolución desde 1984 ata a actualidade de calquera parte do mundo.

--OldMapsOnline. Motor de busca de mapas históricos. É un proxecto que comenzou coa colaboración de Klokan Technologies GmbH, Suiza, e The Great Britain Historical GIS Projet con sede na Universidade de Potrsmouth, Reino Unido, gracias a financiacion de JISC.

--OpenStreetMap (OSM). Proxecto colaborativo para crear mapas editables y libres. Os usuarios recollen información para crear planos do mundo o máis detallados posibles.