Traballos Fin de Mestrado

 

O Traballo Fin de Mestrado é a derradeira tarefa académica á que se enfrenta o alumno cara á obtención do título. Pero hai máis. Un bo TFM tamén pode ser a ponte precisa para escomenzar unha carreira investigadora ou para facilitar o acceso ao mercado laboral.

Consulta dos TFMs gardados na Biblioteca

Na Biblioteca gardamos todos os TFMs das convocatorias anteriores. En concreto, e segundo a normativa, o alumno ten a obriga de subir unha copia do TFM en CD ou DVD. Estes traballos non se poden levar en préstamo, pero si consultar nas instalacións da Biblioteca.
Para a súa consulta en Crunia só tedes que seguir tres pasos: no campo TEMA incluir o texto exacto "trabajos fin de máster", filtrar os resultados á "B. Arquitectura Superior" e finalmente ordenar por data.


Consultas dos TFMs en Crunia

 

Consulta dos TFMs dispoñibles a texto completo noutras Escolas de Arquitectura

Fixemos un pequeno documento onde podedes consultar os TFMs (así coma os PFCs) a texto completo dispoñibles noutras Escolas de Arquitectura. En total, máis de 2.000 traballos están accesibles para que podades coller ideas, familiarizarvos coa estrutura, etc.

Traballos Fin de Carreira e de Mestrado Noutras Universidades

Documentos de axuda para a elaboración do TFM

Esta sección a bo seguro irá crecendo co tempo. Polo momento recomendamos a consulta das seguintes obras:

 

Portada do libro Estrctura, metodología y escritura del Trabajo de Fin de Máster

Estructura, metodología y escritura del Trabajo de Fin de Máster .
Autores: Muñoz-Alonso, Gemma 
Signatura: RC ARQ 51

 

Portada do libro Cómo escribir sobre arte y arquitectura

Cómo escribir sobre arte y arquitectura.
Autoría:  Ramírez, Juan Antonio
Signatura: RC 18

 

Portada de Presentaciones inteligentes 100

Presentaciones inteligentes 100.
Autoría:  Weinschenk, Susan M.
Signatura: RC 40

 

Portada del libro Aprender a hablar en público hoy

Aprender a hablar en público hoy.
Autoría:  Vallejo-Nágera,Juan Antonio
Signatura: RC 16

 

 

Imagen del TFM de José Cuiñas Conde

José Cuiñas Conde. El Barrio de la Magdalena de Ferrol. Signatura TFM (ARQ) 2014  5.

 

Imagen del TFM de Javier Santos

José Ángel Santos Núñez. Ferreira de Pallares. Signatura TFM (ARQ) 2014 7.

Imagen del TFM de Javier F. Domínguez

Javier F. Domínguez Díez. Sistema experto para el análisis de la sintomatología en patologías de hormigón armado. Signatura TFM (ARQ) 2014  6.