Scopus Author ID

Que é?

Scopus Author ID é unha ferramenta de control desenvolvida por Scopus sendo o seu obxectivo principal a identificación de forma unívoca dos rexistros de autor da base de datos. Está formado por dez díxitos (un exemplo, 6506800563). Tamén se ofrece unha URL (pública) a partires deste código. Un exemplo: http://www.scopus.com/authid/detail.url?authorId=6506800563

Como se obtén?

Scopus asigna de forma automática un Author ID a cada rexistro de autor, que a súa vez son creados a partires dos artigos indexados na súa base de datos e da aplicación dun algoritmo de identificación. Por tanto, ningún investigador pode crear pola súa conta un Author ID.

Vantaxes

  • Grazas a esta ferramenta, o investigador pode facer un control eficiente da súa presenza en Scopus incrementando a súa visibilidade. En concreto, o autor pode solicitar cambios na sinatura, fusión de rexistros duplicados, reclamar publicacións adxudicadas a outros autores, etc.
  • Dende o rexistro de autor calquera pode visibilizar toda a produción do autor indexada pola base de datos e consultar as súas métricas (nº de citas, índece h, etc.)
  • O rexistro tamén da a posibilidade de crear alertas tanto para novas publicacións como por cada cita recibida.
  • Como se xenera unha URL pública a partir do código identificador, o autor pode engadir o Scopus Author ID na súa firma habitual, currículo, solicitudes de finanzamento, páxinas web...
  • Scopus Author ID permite a súa sincronización con ORCID. Desta maneira, o rexistro de autor en Scopus é visible dende ORCID nun só click e por outra banda facilita a búsqueda por autor na propia base de datos Scopus utilizando o código ORCID.

Limitacións

  • O Author ID de Scopus só recolle as publicacións indexadas na súa base de datos. Non se poden engadir publicacións procedentes doutras fontes.
  • A creación dun rexistro de autoría a partir dun simple algoritmo da lugar a posibles duplicacións de rexistros e por tanto de Authors ID. Esto é moi frecuente no caso dos investigadores españois debido a non usar unha sinatura normalizada e á conseguinte alteración desta polas revistas internacionais (moitas delas non admiten máis cun apelido). Neste caso o autor pode que solicitar a fusión dos rexistro a través do enlace Scopus Author Feedback Wizard.

Que pode facer a Biblioteca por ti?

Dende a Biblioteca ofrecemos un servizo de asesoría completo: búsqueda da produción indexada na base, identificación de posibles rexistros duplicados, solicitude de fusión, sincronización con ORCID, etc.

Contacta con nós.

Ext.: 5020 ou 5001

etsa.bib@udc.es

 


 

Cómo unificar nuestro perfil en Scopus

Biblioteca da Universidade Complutense de Madrid

 

Sincronizar datos de Scopus a ORCID

Biblioteca da Universidade de Zaragoza