Que é?
ResearcherID é un portal gratuito creado pola editorial Thompson Reuters (propietaria de WoS) que permite a calquera investigador crear unha páxina web persoal onde agrupar as publicacións e variantes do nome, así coma obter un identificador (ID) persistente do tipo E-5434-2015. Un exemplo, http://www.researcherid.com/rid/F-1383-2015
Como se obtén?
Calquera autor pode crear unha conta dende a páxina principal de ResearcherID, http://www.researcherid.com, independentemente da área científica ou de se a súa produción está ou non indexada en WoS. Por tanto é libre e gratuito.
Vantaxes
- É a principal ferramenta de normalización de autoría nas bases de datos de WoS. Aínda que non se producen modificacións a nivel artigo, WoS confía nos datos ofrecidos polos investigadores dende ResearcherID e agrupan as publicacións por autoría segundo alí se indica. Tamén se poden facer buscas de autor en WoS utilizando o propio identificador.
- Ten política de privacidade. O autor pode escoller se manter o seu perfil público ou non.
- O seu rexistro é moi completo. Ofrece a posibilidade de coñecer as variantes do nome do autor, as súas filiacións presentes e pasadas, recolle a súa rede de colaboradores, etc.
- Unha das principais vantaxes é que permite consultar nun só click as métricas do autor en WoS. Se o perfil é público estas métricas son accesibles para calquera axente (avaliadores, institucións, outros científicos, etc.)
- O investigador pode sincronizar o ResearcherID có perfil de ORCID. Desta maneira, calquera pode atopar a produción do autor en WoS a través da busca básica utilizando calquera destes identificadores (no campo "identificadores de autores").
- Coma ofrece unha URL persistente, o autor pode incluir o identificador na sinatura habitual, no seu curriculo, páxinas web persoais ou departamentais, redes sociais, etc.
Limitacións
- É unha iniciativa de carácter comercial o que limita o uso universal do identificador.
- Hoxe en día existen outras ferramentas máis eficaces coma ORCID (2012),para a identificación da autoría, ou redes sociais científicas do tipo Academia.edu ou ResearchGate para incrementar a visibilidade da produción, polo que actualmente o seu sentido limítase principalmente coma ferramenta de control de WoS e para a consulta e difusión das métricas nesta plataforma.
- Aínda que o investigador pode subir ao seu perfil as publicacións non indexadas en Wos, ResearcherID non ofrece métricas delas.
Que pode facer a Biblioteca por ti?
A Biblioteca ofrece un servizo personalizado de asesoría completo. Creación e edición do rexistro, importación de traballos, sincronización con ORCID, etc. Ademáis, tamén ofrecemos servizos complementarios de normalización do nome e a filiación institucional en WoS.
Contacta con nós:
Ext. 5020 ou 5001
etsa.bib@udc.es