Xestores de Referencia

 

Introdución

Un xestor bibliográfico non só permite confeccionar de forma automatizada a bibliografía dun traballo académico. É moito máis. Estas aplicacións permiten manter bases de datos personais, tanto de referencias coma de PDFs, traballando de forma sincronizada en distintas plataformas e dispositivos, que poden converterse nun preciado centro de operacións para o investigador. E non é todo. Nalgúns casos estas aplicacións facilitan en grande medida a colaboración con outros científicos así coma o traballo en equipo mediante a creación de grupos públicos ou privados. Xa por último, algúns xestores estanse a converter en auténticas redes sociais científicas.

Agora ben, as funcionalidades destes xestores poden cambiar moito dunhas aplicacións a outras, mantendo cada unha delas un perfil e un carácter propios que as fai únicas. Cal debemos elexir logo? Depende dos nosos obxectivos. Nesta sección presentamos tres xestores moi diferentes pero de grande éxito así como unhas taboas comparativas que esperamos vos axuden na vosa elección.

Aplicacións

 icono Refworks

Xestor de referencias de pago, está dispoñible para toda a comunidade da UDC grazas a unha subscripción institucional. Entre as súas vantaxes, Refworks probablemente sexa o xestor máis completo técnicamente e o que máis funcionalidades ofreza. Pola contra, é o xestor máis complexo no seu uso, non permite incrementar a visibilidade do autor nin descubrir  novos traballos na área de interese. Ideal para un investigador senior sen interese na vertiente social destas aplicacións.

 icono zotero

Zotero. É un xestor social gratuito e multiplataforma. Entre as súas vantaxes podemos nombrar a súa eficacia para importar citas dende a web (Google Académico, portais das editoriais, bases de datos, etc.), a súa facilidade de uso e as súas funcionalidades para o traballo en equipo. Ten dúas versións, o que permite traballar sobre o propio navegador (principalmente Moxilla Firefox) ou ben nunha aplicación de escritorio. Como "rede social científica" ten sido superada por Mendeley. É moi recomendable para os estudantes de grado, mestrado ou incluso para xoves investigadores.

 icono mendeley

Mendeley é o xestor de moda con máis de 3 millóns de usuarios rexistrados. Coma Zotero é gratuito. Ten un visor propio que permite editar os PDFs, tomar notas, subraiar, etc. De todas formas, o éxito desta plataforma reside na posibilidade de crear grupos públicos (ou privados) onde compartir documentos, estar ao tanto das novas publicacións da área, contactar con outros investigadores e incrementar a visibilidade personal. Ideal para estudantes e investigadores que queiran incrementar a súa rede de contactos científica.

Comparativa

Moitas Universidades e investigadores independentes elaboran táboas resumo onde se mostran as fortalezas e debilidades dos principais xestores bibliográficos. Nesta sección enlazamos a páxinas web e artigos que conteñen este tipo de información e que pode facilitarvos a selección da ferramenta que máis se axuste as vosas necesidades.

Technische Universität München

University of Massachusetts Boston Library

University of Wisconsin-Madison Library

University of Virginia Library

University of Michigan Library

Servizo de Formación e Asesoría

Dende a Biblioteca organizamos sesións de formación en relación aos xestores bibliográficos tanto a nivel individual como grupal e tanto para estudantes, profesores ou investigadores. Para asistir a estas sesións só tedes que pasarvos pola Biblioteca ou solicitar unha actividade formativa ben a través do teléfono ou do noso correo electrónico.

Teléfono: 981 167000,  Ext. 5001

Email: biblioteca.etsa@udc.es