Suxestións de adquisicións

Os membros da comunidade universitaria da UDC e os usuarios externos poden solicitar a adquisición de obras que estean relacionadas coa temática da nosa biblioteca. Estas suxestións poden ser de:

  • Títulos que non se encontran na nosa colección.
  • Edicións novas de obras xa dispoñibles.
  • Exemplares adicionais de títulos moi demandados.

Procedemento:

  1. Comproba no catálogo se a obra xa está dispoñible na biblioteca.
  2. Se es membro da comunidade universitaria, enche este formulario de solicitude de adquisicións. Cantos máis datos aportes, máis probabilidades haberá de localizar a obra. Non esquezas seleccionar a nosa biblioteca. Se es usuario externo, envíanos unha solicitude por correo electrónico a biblioteca.euatac@udc.gal 
  3. A solicitude revisarase para avaliar a súa pertinencia (temática, prezo, dispoñibilidade orzamentaria, condicións de acceso, etc.). Poñerémonos en contacto contigo para comunicarche calquera incidencia.
  4. Exemplo de solicitude de adquisición en trámite.
  5. Avisarémosche por correo electrónico de que:
  • Xa está á túa disposición a obra que solicitastes; ou
  • O pedido cancelouse porque a obra está esgotada.