Colección

A Biblioteca da EUAT conta cunha colección especializada e actualizada sobre a Edificación que che axudará a conseguir os teus obxectivos académicos e de investigación. Está formada por todo tipo de materiais: monografías, revistas, traballos de fin de estudos, mapas, normas, audiovisual, etc.

Lista de materias da Biblioteca da EUAT (sinaturas)

Planos de sinaturas:

Exemplo dunha etiqueta no lombo dun libro

 

Estas coleccións están dispoñibles en libre acceso segundo unha clasificación por materias.

Colección de revistas en papel

A Biblioteca da EUAT dispón dunha colección de revistas en formato impreso

Cales son?

Como as atopo no catálogo?

  • Introduce o título da revista no catálogo

Condicións de acceso e uso?

  • Os números correspondentes ao ano en curso e ao anterior están dispoñibles en libre acceso na Hemeroteca (primeiro andar).  Os números anteriores hai que pedilos no mostrador de préstamo.
  • Consulta na sala
  • Copia de artigos de revista segundo o disposto pola Ley de propiedad intelectual para a reprodución de documentos:
    • Non máis dun 10% da obra, un capítulo de libro o un artigo de revista.
    • Unicamente con fins educativos ou de investigación.
    • Só para copia privada.

Colección de revistas electrónicas

A Biblioteca Universitaria está subscrita a unha gran colección de revistas electrónicas a texto completo.

No catálogo podes buscar os traballos de fin de estudos que se defenderon na Escola desde o ano 1973 ata a actualidade. Atoparás os seguintes tipos:

  • TFC: Proxectos de fin de carreira do título Arquitecto Técnico en Execución de Obras (1973-2016)
  • TFG: Traballos de fin de grao do Grao en Arquitectura Técnica (2012- )
  • TFM DIP: Traballos de fin de mestrado do Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos (2011- )
  • TFM ES: Traballos de fin de mestrado do Mestrado Universitario en Edificación Sostible (2019- )
  • TFM TES: Traballos de fin de mestrado do Mestrado Universitario en Tecnoloxías de Edificación Sostible (2011-2017)

Máis información sobre os TFG/TFM

Normas técnicas de consulta en sala:

  • Normas en papel: UNE, ISO, ASTM e DIT
  • Normas ISO en pdf: consulta monoposto – monousuario nun ordenador da biblioteca

Normas técnicas en liña:

  • Normas UNE, dispoñibles a texto completo na base de datos AENORmás. Consulta a guía de axuda AENORmás: guía de uso e os termos de uso.
  • Normas ISO, ASTM e outras:
    • Se a norma existe no catálogo Crunia, podes obter a norma en formato .pdf cumprimentando o formulario accesible na ligazón baixo o texto "Solicitar o acceso". Exemplo: ISO 20887:2020
    • Se non atopas a norma que precisas en Crunia, podes facernos unha suxestión de compra desde a túa conta de correo institucional (@udc.es ou udc.gal) á biblioteca.euatac@udc.gal, que indique:
      • no Asunto: Solicitude de norma,
      • no texto da mensaxe, os datos identificativos da norma: nome (por exemplo, ISO, ASTM, DIN, etc.), número, ano e título.

 

A biblioteca dispón dunha colección de mapas topográficos a escala 1:25.000 e 1:50.000 de Galicia e das comarcas limítrofes doutras comunidades autónomas. Neste mapa guía atoparás os mapas dispoñibles Mapa guía

Tamén conta con outros tipos de mapas (de carreteiras, ortoimaxes dixitais, etc.).

Como os atopo no catálogo?

  • Realizando unha busca por título ou topónimo no catálogo e filtrando os resultados polo tipo de recurso "Mapas"
  • As signaturas da ubicación  “Arquitectura Técnica” son as seguintes:
    • MAPA/MTN 5V (Mapa Topográfico Nacional de España 1:25.000)
    • MAPA/MME L (Mapa Militar de España 1:50.00)
    • MAPA/MP (Mapa Provincial)
    • MAPA/MC (Mapa de carreteiras)
    • MAPA/ORTOIM (Ortoimaxe)

Condicións de acceso:

  • Tes que solicitalos no mostrador de préstamos (están en fondo pechado).
  • A meirande parte dos mapas poden levarse en préstamo.

Se non atopas o mapa que precisas, podes facernos unha suxestión de compra en Solicitude de compra

Na colección BIC encontrarás cómics, novelas e guías de viaxe cos que desfrutarás da lectura.

Como os atopo no catálogo?

  •  Signaturas da ubicación  "Arquitectura Técnica BIC":
    • BIC AQT: literatura, ensaio, poesía
    • BIC AQT Cómic: banda deseñada e novela gráfica
    • BIC AQT Viajes: guías de viaxe e literatura de viaxes

Condicións de uso e acceso

  • Fondo de libre acceso no 1º andar
  • Préstamo: 30 días renovables

Guías de lectura