Formación

Ofrecémosche cursos de formación para mellorar as túas buscas de información, a xestión das referencias bibliográficas e calquera outra cuestión relacionada cos nosos recursos e servizos. Podes solicitarnos a formación que precises enviándonos un correo electrónico a euat.bib@udc.es

Estas son as actividades formativas que impartimos:

 

Visita guiada

  • Duración 15 minutos
  • Familiarizaraste coas instalacións e a organización dos fondos da biblioteca.
  • Coñecerás os servizos e recursos básicos que ofrece a biblioteca: préstamo, catálogo, etc.

 

Coñece a túa biblioteca

  • Duración: 1 h
  • Programa:
    • Procuras no catálogo
    • O meu rexistro
    • Bases de datos
  • Dominarás a busca no catálogo e a xestión do teu rexistro de usuario. Coñecerás cales son as bases de datos do teu interese.

Recursos para a busca da información científica e técnica (Grao AT)

  • Duración: 1 h 50 m
  • Programa:
    • Busca avanzada no catálogo da biblioteca e nas bases de datos.
    • Obradoiro práctico: Dialnet Plus.
  • Aprenderás a buscar e recuperar información de calidade para realizar os teus traballos académicos usando distintos recursos: catálogos, bases de datos, repositorios, buscadores de internet.

Como citar e facer bibliografías segundo a norma ISO 690:2010 (Grao AT)

  • Duración: 1 h 50 m
  • Programa:
    • Conceptos básicos sobre o que é citar, as referencias bibiográficas e a confección dunha bibliografía.
    • Modelos de referencias bibliográficas segundo a norma ISO 690:2010
    • O xestor bibliográfico ZoteroBib
  • Mellorarás a presentación dos teus traballos e do TFG usando o formato ISO 690:2010 para citar as fontes e redactar as referencias bibliográficas.

 

Recursos para a busca e organización da información científica e técnica (MUES)

  • Duración: 2 h 30 m
  •  Programa:
    • Busca avanzada nas bases de datos.
    • Revisión de plataformas e recursos (RUC, Recolecta, Google Scholar, etc.).
    • Obradoiro práctico: Dialnet Plus e Scopus
  • Aprenderás a buscar e recuperar información de calidade para realizar o teu TFM. Afondarás na utilización das bases de datos Dialnet Plus e Scopus. 

*Curso impartido no marco do mestrado MUES

Como citar e facer bibliografías: REFWORKS (MUES)

  • Duración: 2 h 30 m
  • Aprenderás a organizar as referencias bibliografícas e redactar a bibliografía do teu TFM empregando o xestor  Refworks.

*Curso impartido no mestrado MUES.