TFG / TFM

Traballos de fin de grao e Traballos de fin de Mestrado

A realización dun traballo de fin de grao (TFG) ou de fin de mestrado (TFM) supón un reto para o estudante xa que é un traballo persoal e autónomo que ten que defender ante un tribunal de forma individual e pública.

A biblioteca apóiate na redacción do teu traballo con varias ferramentas:

1. Formación

  • Duración: 1 h 50 m
  • Programa:
    • Busca avanzada no catálogo da biblioteca e nas bases de datos.
    • Obradoiro practico: Dialnet Plus.
  • Aprenderás a buscar e recuperar información de calidade para realizar os teus traballos académicos usando distintos recursos: catálogos, bases de daos, repositorios, buscadores de internet.

*Curso impartido nunha materia de 4º curso

  • Duración: 1 h 50 m
  • Programa:
    • Conceptos básicos sobre o que é citar, as referencias bibiográficas e a confección dunha bibliografía.
    • Modelos de referencias bibliográficas segundo a norma ISO 690:2010
    • O xestor bibliográfico ZoteroBib
  • Mellorarás a presentación dos teus traballos e do TFG usando o formato ISO 690:2010 para citar as fontes e redactar as referencias bibliográficas.

*Curso impartido nunha materia de 4º curso

  • Duración: 2 h 30 m
  •  Programa:
    • Busca avanzada nas bases de datos.
    • Revisión de plataformas e recursos (RUC, Recolecta, Google Scholar, etc.).
    • Obradoiro práctico: Dialnet Plus e Scopus
  • Aprenderás a buscar e recuperar información de calidade para realizar o teu TFM. Afondarás na utilización das bases de datos Dialnet Plus e Scopus. 

*Curso impartido no marco do mestrado MUES

  • Duración: 2 h 30 m
  • Profundarás na organización das referencias bibliografícas e na redacción da bibliografía do teu TFM usando o xestor bibliográfico RefWorks.

*Curso impartido no marco do MUES.

3. Buscas bibliográficas

4. Adquisición de bibliografía especializada

5. Difusión

6. Premios

En novembro de 2022, no transcurso do acto de graduación das novas persoas tituladas da EUATAC, entregáronse os Premios Galicia 2021-2022, que outorga o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia aos mellores TFG de Arquitectura Técnica redactados por alumnado da Escola.

Premios_Galicia_2022

Máis información

Na seguinte infografía, elaborada pola alumna da Escola Laura Sánchez Martínez, destácanse outros premios e axudas aos que poden optar alumnado e persoas tituladas da EUATAC para o recoñecemento da calidade dos seus traballos de fin de grao/máster:

Infografía

Algunhas recomendacións

Consulta outros TFG/TFM que poden servirte de modelo:

Sigue as instrucións establecidas na normativa do teu traballo: