Horizonte Europa é o principal programa de financiamiento da investigación na UE. O seu período de vixencia esténdese desde 2021 a 2027, contando cun orzamento inicial de 95.517 millóns de euros.
Agora ben, como sabedes, Horizonte Europa esixe aos seus beneficiarvos o cumprimento dunha serie de requisitos en relación á publicación e diseminación dos resultados de investigación e, en concreto, respecto ao acceso aberto e a ciencia en aberto.
(Vídeo elaborado pola nosa compañeira Carlota Balsa, setembro 2024)
Para coñecer con detalle os requisitos esixidos haberá que consultar o acordo concreto correspondente a cada convocatoria. De todos os xeitos, temos dispoñible o Model Grant Agreement, no que se atopan aquelas esixencias mínimas que todo acordo, para as distintas convocatorias de fianciamiento, ten que contemplar.
Neste caso imos tomar como referencia o AGA - Annotated Grant Agreement, versión 1.0 do 1 de maio de 2024 e o Model Grant Agreement, versión 1.2, do 1 de abril de 2024. O primeiro é o artículado (comentado) válido para todos os programas de financiamento europeos e o segundo recolle só o modelo de acordo específico para Horizonte Europa. O contido é moi similar, coa diferenza de que no primeiro caso acompáñase con comentarios aclaratorios e informativos que poden mellorar a correcta interpretación do texto.
O contido que nos interesa destes documentos aparece no artigo 17 "Communication, Dissemination and Visibility". Pero hai que ter coidado, xa que aparece en dous sitios diferentes dos documentos. Por unha banda temos o propio artigo. E ademais, no Anexo 5, baixo o título "Specific Rules on Communication, Dissemination and Visibility" atoparedes máis información sobre como levar o contido do artigo 17 á práctica. É dicir, a información que se inclúe nestes apartados é complementaria e hai que estudar ambos os dous con detemento.
Os beneficiarios do programa Horizonte Europa deberán depositar en aberto - como máximo no momento da súa publicación - unha copia da versión final aceptada (AAM) ou da versión final publicada (VoR) nun repositorio de confianza, entendendo como tal, o repositorio institucional (RUC no noso caso), un repositorio temático (ArXiv por exemplo) ou en Zenodo.
Por tanto, hai que ter en conta tres requisitos (máis a licenza da que falaremos logo):
- Depositar en aberto a versión posterior á revisión por pares (postprint).
- O acceso aberto á publicación será desde o primeiro momento (non se acepta embargo algún) e se contará como límite máximo a data da primeira publicación do artigo.
- Nun repositorio de confianza. Non vale a páxina web do grupo de investigación, redes sociais académicas como ResearchGate ou Academia.edu etc.
O programa Horizonte Europa obriga aos beneficiarios para utilizar a licenza Creative Commons - Atribución (CC BY) (ou outra equivalente) para artigos de revista e capítulos de libros. Trátase da licenza CC máis aberta e non se permite neste caso utilizar ningunha outra licenza Creative Commons máis restritiva.
No caso de obras como monografías si que permite utilizar outras licencias CC máis restritivas que, por exemplo, non permitan a terceiros usos comerciais ou crear obras derivadas (CC BY-NC, CC BY-ND).
Non, podes publicar en revistas full open access, en revistas híbridas e mesmo en revistas pechadas baixo subscrición. Pero o que debes asegurarche é que poidas cumprir cos requisitos anteriores. É dicir:
- Revistas full open access. Normalmente terás que pagar a APC (Article Publishing Charge) correspondente. Neste caso este custo pode incluírse como gasto reembolsable dentro do programa Horizonte Europa. Ademais, a través dos acordos transformativos podes financiar tamén parte da APC. Fíxache antes de enviar o artigo (ou negocia co editor) que utilice unha licencia CC-BY co teu artigo ou capítulo de libro.
- Revista híbrida. Normalmente terás que pagar a APC (Article Publishing Charge) correspondente. Pero en leste caso - OLLO - o custo NON é reembolsable en Horizonte Europa. Podes tratar de financiar a APC a través dos acordos transformativos dispoñibles na actualidade. Como no caso anterior, fíxache antes do envío do artigo (ou negocia co editor) que utilice unha licencia CC-BY co teu artigo ou capítulo de libro.
- Revista pechada baixo subscrición. Non vai ser fácil neste caso poder cumprir cos requisitos impostos polo programa. Consulta previamente (ou negocia co editor) a posibilidade de depositar inmediatamente (sen embargo) e baixo unha licencia CC-BY a versión aceptada final (AAM) nun repositorio de confianza. Para coñecer a posición sobre isto do editor terás que consultar a súa política de autoarquivo. A páxina web do editor ou Open Policy Finder son as principais fontes que podes consultar.
Non, xa que sempre é obrigado o depósito inmediato en aberto nun repositorio de confianza.
Si, publicando os resultados da túa investigación (do tipo que sexan) na plataforma Open Research Europe. Algunhas das súas vantaxes son:
Como dixemos, só no caso de que publiques nunha revista full open access. O gasto non é reembolsable no caso das revistas híbridas dentro do programa Horizonte Europa. Ten isto en conta. Para este último caso, sempre poderás comprobar se a nosa institución pode financiarche o 100% da APC (ou cun forte desconto) a través dos acordos transformativos pactados anualmente entre a CRUE e as principais editoriais académicas.
Aínda hai algunha cousa máis que hai que ter en conta:
Ben na propia publicación ou no rexistro do repositorio, incluirase a información sobre outros resultados de investigación (datos, software) e sobre os instrumentos ou infraestrutura necesarios para validar as conclusións incluídas na publicación. Para iso utilizaranse identificadores persistentes, incluíndo os ORCIDs de todos os autores, se é posible os ROR das súas organizacións e os identificadores das axudas (grant DOIs).
"Plan de explotación e difusión dos resultados, incluídas as actividades de comunicación". Segundo indica o modelo de acordo de Horizonte Europa, "salvo que as condicións da convocatoria o exclúan, os beneficiarios deberán presentar e actualizar periodicamente un plan de explotación e difusión dos resultados que inclúa actividades de comunicación".
O Model Grant Agreement menciona las seguientes:
Ademais destes recursos, nós recomendamos unha vez máis a ferramenta Open Policy Finder, onde se poden consultar as políticas de autoarquivo das revistas (que versións permite depositar nun repositorio, con embargo ou non, con que licencias etc.).
Mentres que o depósito en aberto nun repositorio de confianza é obrigatorio para as publicacións sometidas a revisión por pares, non é exactamente así para os conxuntos de datos asociados á investigación.
Como indica o modelo de acordo, a filosofía que se segue aquí é a de "tan aberto como sexa posible e tan pechado como sexa necesario".
En concreto, existen dúas obrigacións principais:
Establecer un plan de xestión de datos (DMP) que aborde os aspectos máis importantes da xestión do conxunto de datos utilizado na investigación.
Depositar os datos nun repositorio de confianza e garantir o acceso aberto a través do repositorio, tan pronto como sexa posible e dentro dos prazos establecidos no DMP.
Estas accións deben estar en liña cos principios FAIR (Findable, Accesible, Interoperable, Reusable).
Entendemos que o acto de depósito sempre é obrigatorio. Simplemente que iso non implica que os datos deban estar en aberto. Pero si deberán estar dispoñibles polo menos os seus metadatos. É dicir, que a información sobre os datos sexa accesible.
Isto é algo que haberá que xustificar con detalle no Plan de Xestión de Datos (DMP). O modelo de acordo de Horizonte Europa cita algúns casos concretos:
Se proporcionar acceso aberto aos datos vai en contra dos intereses lexítimos do beneficiario, incluídos os relativos á explotación comercial.
Se é contrario a calquera outra obrigación, como as correspondentes normativas de protección de datos, privacidade, confidencialidade, segredos comerciais, intereses competitivos da UE, normas de seguridade, dereitos de propiedade intelectual ou simplemente iría en contra doutras obrigacións derivadas do convenio de subvención.
Dentro dos prazos establecidos no propio Plan de Xestión de Datos.