Novidades 2023 nos criterios de avaliación. Cambio de paradigma

Na convocatoria de 2023 producíronse unha serie de cambios que é importante coñecer, xa que implican unha nova filosofía (avaliación, ciencia aberta) que ven para quedarse.

Estas foron as principais novidades:

  • Increméntase a tipoloxía das aportacións (conxuntos de datos, código, etc.) que se poden presentar ao Sexenio, difuminándose en certa medida a diferenza entre aportacións ordinarias e extraordinarias.
  • Requerimento de depósito. Tanto as 5 aportacións principais como as 2 sustitutorias teñer que estar depositadas nun repositorio (institucional, temático ou xeneralista). Tedes aquí toda a información sobre este requerimento.
  • Cambios nos criterios de avaliación. Se os criterios tradicionais para a avaliación da aportación foron o número de citas recibidas e o factor de impacto e cuartiles da revista , que se podían indicar dunha forma escueta; agora a ANECA solicita unha fotografía máis complexa e rica, no que se valorarán as seguintes dimensións (ver Apéndice dos criterios da CNEAI):
    • Dimensión a nivel aportación (métricas de citación, de uso e lectura, de influencia ou adopción social e de visibilidade social).
    • Dimensión a nivel medio (métricas de impacto da revista ou congreso e sobre a calidade na súa xestión)
    • Dimensión relacionada coa contribución a ciencia aberta (depósito en acceso aberto; compartición de datos, metodoloxías, programas e modelos de aprendizaxe; e ciencia aberta á sociedade)
  • Bibliometría narrativa. A ANECA non só está pedir que simplemente incorporemos estas métricas, senón que se contextualicen a través dun relato, dunha "narración justificativa de los indicios de relevancia e impacto de cada aportación, apoyados por un uso responsable de indicadores cuantitativos". Esto coñécese coma bibliometría narrativa. Tedes aquí máis información sobre que é a bibliometría narrativa e aquí unha serie de exemplos.
  • Campo 0: Interdisciplinar y multidisciplinar. Ideal para aquelas persoas que consideren que as súas aportacións "en su conjunto son de difícil encaje en el resto de los campos por incluir aportaciones a diversas disciplinas". Para saber con máis detalle cando solicitar a avaliación por este campo ou non podedes consultar as FAQs da ANECA.