O teu TFG/TFM

O traballo fin de título é unha parte moi importante da tua traxectoria académica, é a guinda do pastel, pero tamén pode ser un escaparate ou trampolín para atopar o teu camiño laboral ou no mundo da investigacion. Dende a Biblioteca da FIC queremos axudarte o máis posible a que esta sexa unha etapa ilusionante e o máis satisfactoria posible. Nesta páxina ofrecémoste os nosos servizos. Non dubides en contactar con nós:

informatica.bib@udc.es

981167000, extensions: 1287, 1288, 1347.

 

Normativa

Tanto os distintos títulos de grao como de mestrado da Facultade teñen a súa propia normativa (regulamentos, normas de presentación, etc.). Podedes consultalas dende a seguinte páxina:

FIC - Taboleiro

 

Onde atopar outros TFGs/TFMs do teu título

Que nos están a pedir realmente no traballo fin de título? Que requerimentos formais se nos poden estar a olvidar? Cal é o listón de calidade ao que hai que chegar?... Para a maior parte destas cuestións pode ser de moita axuda consultar os TFGs/TFMs das últimas convocatorias. Pero, onde facelo? Aquí tes os principais enlaces de interese:

  • Procura de traballos fin de grao e máster. Indexa todos os traballos fin de grao e de máster lidos na universidade. Permite a busca só no campo de título e no de autor. Se queredes consultar a listaxe dos traballos presentados nos últimos anos académicos do voso título tamén o podedes facer dende a páxina de "resultados e garantías". Por exemplo, para o Grao en Enxeñaría Informática. De todas maneiras, o principal problema é que estes traballos no teñen porque estar publicados. Moitos, de feito, non poden consultarse.
  • Traballos da FIC subidos ao RUC. Ben distinto son os traballos subidos ao Repositorio da Unviersidade da Coruña (RUC), onde se poden consultar libremente e a texto completo aqueles TFGs e TFMs lidos nos últimos anos, previo consentimento expreso polo o autor/a. Podedes realizar a busca directamente dende a páxina principal do repositorio (a través dos campos de título, autor, título, etc.). Tamén podedes navegar polos distintos títulos dos traballos premendo na caixa de "Traballos académicos" e na primeira pestana con valor "Todo RUC" abrir o despregable e seleccionar "Facultade de Informática". Así veredes todos os TFGs e TFMs correspondentes ás distintas titulacións de grao e master do noso centro. Dende os filtros da dereita poderedes escoller o título concreto que vos interesa.
  • Recolecta.  Se queredes coñecer ademáis que traballos académicos se están a facer noutras universidades españolas, podedes utilizar este agregador. Trátase dun proxecto nacional (Fecyt/Rebiun) que se encarga de recolectar e difundir todos os traballos (académicos e de investigación) subidos aos repositorios institucionais das universidades españolas. Podedes filtrar os resultados por tipoloxía documental (por exemplo, por teses de doutorado, de máster ou de grao).

 

Servizos que ofrece a Biblioteca da FIC

A Biblioteca da FIC quere ser un apoio fiable durante todo o proceso de elaboración do teu traballo final. En concreto:

  • Servizo de consulta, formación e revisión nas buscas bibliográficas. Non é doado identificar o "mix" de recursos que se poden utilizar na busca de información académica (buscadores científicos, bases de datos interdisciplinares e especializadas, plataformas de revistas...). Temos dispoñibles para a súa consulta unhas guías de presentación e uso das principais fontes de información na área de computación. Ofrecemos asesoría e formación tanto persoal como en grupo.
  • Servizo de consulta, formacion e revisión das citas e da bibliografía final do teu traballo. Asesoría/formación persoal ou en grupo. Estilo de citas, uso de xestores bibliográficos, sincronización coa plataforma Overleaf. Como exemplo, podedes ver o seguinte vídeo realizado por nós (galego / inglés).
  • Dereitos de autor, licencias Creative Commons. Que podes ou non incluir doutros no teu traballo, como citar correctamente, etc.; ademáis de todo o relacionado a como difundir o teu traballo académico, por exemplo, mediante o uso de licencias creative commons. Asesoría/formación persoal ou en grupo.

 

Modelo de autorización para subir o teu traballo ao RUC

Aquí tedes a última versión actualizada das autorizacións para subir os TFGs e TFMs ao RUC. As atoparedes igualmente dentro do voso Moodle.

modelo_autorizacion_RUC_TFG_outono_2023.docx

modelo_autorizacion_RUC_TFM_outono_2023.docx