archINFORM: inclúe información sobre máis de 38.000 edificios e proxectos non realizados de arquitectura do século XX, sobre todo. Pódese buscar un proxecto concreto por arquitecto, cidade ou palabra clave. Na maioría de entradas aparece o nome, enderezo, palabras clave e bibliografía. Algunhas entradas inclúen imaxes, comentarios ou ligazóns a webs.
Cities and building database: base de datos de imaxes dixitalizadas de edificios e cidades de todo o mundo. Creada polo Architecture and Art History Department da Universidade de Washington.
CumInCAD: índice de publicacións no campo do deseño arquitectónico asistido por ordenador. Inclúe información bibliográfica de rexistros de revistas e conferencias como ACADIA, ASCAAD e outras. Todos os traballos conteñen resumos, tamén hai dispoñibles textos completos, en formato PDF.
Etdeweb: documentos a texto completo sobre enerxía, combustibles fósiles, ciencias ambientais, residuos, etc.
Great Buildings Collection: información sobre edificios, arquitectos, sistemas de construción, estilo arquitectónico, fotografías, planos, referencias bibliográficas en Internet, etc.
Sweets: base de datos de elementos e sistemas construtivos.
Urbamet: referencias bibliográficas de artigos, monografías, informes e teses de doutoramento, sobre arquitectura e medio ambiente. Principalmente de ámbito europeo.
Atlas Nacional de España do Instituto Geográfico Nacional
Autodesk Educación: software gratuíto.
BiblioCAD: recursos CAD para arquitectura, deseño y construción
BloquesAutoCAD.com: descarga gratuíta de arquivos ou bloques de AutoCAD para arquitectura, enxeñaría, construción, deseño de interiores, etc.
Cadbloques.com: bloques CAD gratis: en planta e en vista, autos, interiores, exteriores, sofá, sala de estar, televisión, camas, oficinas...
Documentos arq.com: bloques AutoCAD neste buscador especializado en arquitectura e construción.
Goolzoom: sistema de información xeográfica que inclúe información do Google Maps, do Catastro e do Sigpac.
Portalbloques.com: portal dedicado á difusión de arquivos ou bloques con formato dwg para AutoCAD, con máis de 600 bloques ordenados de manera temática para descarga gratuíta
SketchUp: programa para a realización de modelado 3D.
Biblioteca virtual da Sociedad Española de Historia de la Construcción: ofrece unha selección de tratados que, ó estar libres de dereitos de autor pola súa antigüedade, poden difundirse libremente. A énfase ponse nos tratados publicados en castelán, pero inclúense outros en francés, inglés, italiano e alemán.
Afasia: blog de arquitectura contemporánea con interesantes ligazóns.
A Daily Dose of Architecture: blog que ofrece meditacións e imaxes arquitectónicas (case) diarias da cidade de Nova York.
ArchDaily : blog de arquitectura contemporánea.
Del tirador a la ciudad: blog sobre arquitectura, deseño, arte e todos os aspectos relacionados. Autora: Anatxu Zabalceascoa.
Design Buzz: blog sobre deseño de obxectos, vehículos, arquitectura, deseño de produtos, deseño verde e arte.
Dezeen magazine: blog que recolle unha coidadosa selección dos mellores proxectos de arquitectura, deseño e arquitectura de interiores de todo o mundo.
Feo, inútil e inestable: blog de Miguel Paredes sobre a investigación en Arquitectura. Fai referencia a publicacións recentes.
Héctor Santos-Diez: fotografía de arquitectura.
Hic et Nunc (Aquí y Ahora): blog de difusión e debate de proxectos de estudantes de arquitectura, urbanismo e deseño, clasificados por cursos e por escolas.
MdA-Madera de arquitecto: arquitectura en madera.
Stuck in Studio: blog para estudantes de arquitectura.
Tectónica Blog: blog sobre arquitectura, tecnoloxía e construción, da revista Tectónica. Organízase por: obras, lugares, obxectos, referencias e empresas, con pdfs analizando cada obra ao detalle.
Archivo Europeo del Espacio Público Urbano: fondo documental de espazos públicos recuperados en cidades europeas. Recolle unha selección das mellores obras presentadas ao Premio Europeo del Espacio Público Urbano. Contén unha descrición de cada proxecto e imaxes asociadas.
Catálogo colectivo de las colecciones de mapas, planos y dibujos de los archivos estatales: acceso á Colección Digitalizada de Mapas, Planos y Dibujos del Archivo General de Simancas, que consta de máis de 7000 imaxes.
Catálogo de elementos constructivos del CTE: base de datos en progreso cuxo contido se actualiza a medida que se dispón de novos datos. Recolle información das características de materiais, das prestacións higrotérmicas e acústicas de elementos construtivos xenéricos e de especificidades construtivas, relativas a esixencias básicas do Código técnico da Edificación.
Colección Digital Politécnica: plataforma de acceso público aos documentos en formato electrónico da Biblioteca da Universidad Politécnica de Madrid formada tanto polo fondo bibliográfico, de gran valor para a historia da ciencia e da arquitectura, como por outros obxectos dixitais utilizados polos profesores e investigadores na súa tarefa diaria. Pódense consultar fins de carreira e teses de doutoramento.
Digital Imaging Project: catálogo de imaxes de arquitectura e escultura con máis de 20.000 arquivos, desde a prehistoria ata a actualidade.
The Getty Research Institute Library Catalog: catálogo da biblioteca cunha colección de máis dun millón de libros, revistas, fotografías de estudo e catálogos de poxas, así como extensas coleccións especiais de materiais raros e únicos. Céntrase en historia da arte, arquitectura e áreas afíns.
IVAM Catálogo: acceso ao fondo bibliográfico da biblioteca do Instituto Valenciano de Arte Moderno. Contén monografías e publicacións periódicas sobre teoría, estética, historia da arte e dos movementos artísticos contemporáneos, etc.
RIBA British Architectural Library Catalog Online: a súa colección de catro millóns de ítems está considerada como unha das principais coleccións arquitectónicas do mundo e a mellor de Europa.
Artcyclopedia: contén ligazóns aos museos e galerías e a máis de 7.000 artistas. As buscas son en inglés e pódense facer por movemento artístico, medio de expresión (arquitectura, escultura, pintura) temas ou por países.
Dicionario Español de Enxeñaría: concíbese como unha gran árbore cuxo tronco é a Enxeñaría e do que se desprenden nove grandes ramas: Astronáutica, naval e transportes, Agroforestal, Construción, Tecnoloxías da información e as comunicacións, Seguridade e defensa, Química industrial, Enerxía, Enxeñaría biomédica e Enxeñaría xeral. A primeira edición do Dicionario Español de Enxeñaría inclúe máis de 50.000 voces
Dicionario Visual Multimedia da Construción: proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia financiado pola Consellería de Vivienda en 2008, non segue unha orde alfabética senón que se divide en unidades temáticas, para faciliar a comprensión a persoas non especializadas
WikiArquitectura: enciclopedia participativa que recolle máis de 1.020 obras e 71 proxectos de 867 arquitectos en 76 países.
American Institute of Architects: contén novas e ligazóns relevantes, e un interesante catálogo de arquitectura contemporánea.
American Iron and Steel Institute (AISI): asociacion dos produtores de aceiro de América do Norte (Estados Unidos, Canadá e México)
American Society of Materials International (ASM): páxina da Sociedade con novas, eventos, cursos, etc.
Asociación Española de Cogeneración (ACOGEN): representa a empresas titulares de plantas de cogeneración, subministradores de equipos e servizos para cogeneración, así como asociacións de sectores industriais que desenvolven este sistema.
ASTM : páxina da American Society for Testing and Materials con normas, publicacións e novas.
ATECYR: Asociación Española de Climatización y Refrigeración
COAG: portal do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: inclúe a estratexia da paisaxe galega, directrices de ordenación do territorio, centro de descargas de información xeográfica, etc.
Departamento de Enerxía de USA: contén o listado e clasificación de todos os programas de simulación e eficiencia enerxética da maior parte dos países.
IDAE: Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía: moitas guías feitas polo IDAE convértense en documentos recoñecidos de diversa normativa (CTE, RITE, eficiencia enerxética). Moitas delas son de descarga gratuíta.
Instituto Geográfico Nacional. Centro Nacional de Información Geográfica: a súa finalidade é a de producir, desenvolver e distribuír os traballos e publicacións de carácter xeográfico que demande a sociedade española, a elaboración de produtos derivados e temáticos e a súa distribución nacional e internacional
Sociedad Española de Historia de la Construcción: dirixida por Santiago Huerta, e o Instituto Juan de Herrera e coa colaboración da biblioteca da ETSAM, ofrece unha colección dixital composta por unha selección de tratados sobre Historia da Construción libres de dereitos de autor pola súa antigüidade.
RILEM: International Union of Laboratories and Experts in Construction Materials, Systems and Structures.
Fundación Arquitectura COAM: dependente do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid.
Fundación Caja de Arquitectos: Fundación Arquia: desenvolve diversos traballos interesantes para o investigador na materia.
Arquitectura, vivienda y suelo: web do Ministerio de Fomento con normativa sobre estes temas.
ASTM Standards: web da American Society for Testing and Materials onde poderá consultar o catálogo de normas elaboradas por esta entidade.
Código Técnico da Edificación (CTE): o CTE establece as esixencias que deben cumprir os edificios en relación cos requisitos de seguridade e habitabilidade establecidos na Lei de Ordenación da Edificación (LOE).
Eficiencia energética: certificación de eficiencia enerxética dos edificios.
IHS Standards Store: acceso a un amplo índice de normativa internacional, nacional e de organismos especializados de alcance internacional (ISO, ANSI, AIAA, API, ASMR, DIN, ETSI.).
Instrucción de hormigón estructural EHE 08: Real decreto 1247/2008, de 18 de xullo, polo que se aproba a “Instrucción de hormigón estructural (EHE-08)” que ten por obxecto regular o proxecto, execución e control das estruturas de hormigón, tanto en obras de edificación como de enxeñería civil, co obxecto de acadar a adecuada seguridade destas, preservando a das construccións que nela se sustentan e a dos usuarios que as utilizan.
Nato Standards: NATO Standardization Office (NSO) da acceso libre a normas e recomendacións elaboradas por este organismo: STANAG, STANREC, AACP, AAP, AASTP, AECTP, AEDP, AEP, AJP, AOP, AQAP, ARMP, ATP, ADatP ..., en inglés e francés.
Normas NIDE: acceso ao texto completo da Normativa sobre Instalaciones Deportivas y para el Esparcimiento (NIDE) , elaborada polo Consejo Superior de Deportes. O seu obxectivo é definir as condicións regulamentarias, de planificación e de deseño que deben considerarse no proxecto e construción de instalacións deportivas.
ArchDaily: unha das webs de arquitectura máis visitadas no mundo. Ofrece as últimas novas sobre arquitectura: proxectos, produtos, eventos, entrevistas, concursos, entre outras.
Archivosarquitectos.com: espacio para a difusión do patrimonio arquitectónico español coa idea de facilitar o traballo de busca do material de arquivo a investigadores, estudantes e arquitectos.
Bustler: recolle convocatorias de concursos, con propostas e resultados, todo moi ben documentado.
deviantART: a maior rede social para artistas e entusiastas da arte.
Europaconcorsi: sitio italiano que alberga concursos internacionais. Ademáis ofrece información sobre proxectos, construcións e novas (mini titorial en español).
The Great Buildings Collection: documentos coa historia de aproximadamente mil edificios e centos de arquitectos, con imaxes, debuxos arquitectónicos, mapas integrados e prazos, modelos de edificios en 3D, comentarios, bibliografías, ligazóns a webs e máis.
Información urbanística de Galicia (Xunta de Galicia): SIOTUGA, Sistema de Informacion de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia
Infraestructura de Datos Espaciales de España (IDEE): integra a través de Internet os datos, metadatos, servizos e información de tipo xeográfico que se producen en España, a nivel nacional, rexional e local.
Plan de Ordenación do Litoral (Xunta de Galicia): Sitio web con información sobre este instrumento de xestión para a protección efectiva do litoral galego.
Plataforma Arquitectura: novas de arquitectura en español, proxectos, concursos, edificios e máis.
RIBA (architecture.com): páxina da RIBA (Royal Institute of British Architects) con novas, exposicións, tenda online, directorios de arquitectos,... .
Sistema de Información Geográfica de Parcelas Agrícolas (SIGPAC): desde esta páxina pódese acceder a ortofotos, mapas aéreos, topográficos, etc. de calquera lugar da península.
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC): desde esta páxina pódese acceder a ortoimaxes aéreas e divisións parcelarias de calquera lugar de Galicia.
Sólo arquitectura: páxina con enlaces sobre arquitectura, construción, deseño de interiores: foros, arquitectos famosos, normativa e documentos, proxectos, software, libros, revistas, novas, novos produtos, etc.
Urbanity.one: portal dedicado aos aficionados á arquitectura, o urbanismo, as infraestruturas, e en xeral, aqueles aspectos que conlevan un gusto pola urbanidade e o seu desenvolvemento, tanto de forma profesional como a modo de mero espectador. Contén un foro e o repositorio Urbanity Base, con información de edificios, arquitectos, infraestruturas, actuacións urbanísticas, etc., destinado a clasificar e facilitar o acceso á información de Urbanity blog e foro.
World-architects: web que reúne progresivamente a arquitectos, arquitectos da paisaxe, deseñadores de interiores, etc. seleccionados, de varios países, dedicando varias páxinas de actualizada e detallada información en textos e imaxes, a cada estudio e aos seus proxectos.
WorldArchitectureNews.com: portal con toda a actualidade do mundo da arquitectura, reportaxes, entrevistas, catálogos temáticos. De suscripción gratuíta, informa ademáis sobre ofertas de traballo.
AITIM: revista da Asociación de Investigación Técnica de las Industrias de la Madera
Arce (Asociación de Revistas Culturales de España): sección de artigos de arquitectura, urbanismo e deseño.
Arquitectura Viva (contén os índices, pero non dá acceso ao texto completo).
Boletín Académico: Revista de investigación y arquitectura contemporánea (ETS de Arquitectura da UDC)
CERCHA: revista dos aparelladores e arquitectos técnicos
Concrete Quarterly (CQ): revista editada pola Mineral Products Association sobre construccións en formigón, con periodicidade trimestral e tódolos números dende 1947 en acceso aberto.
Ecoconstrucción : Revista dixital de construción sostible
El Croquis (busca online nos índices, pero non dá acceso ao texto completo).
DOAJ (Directory of Open Access Journals)
Future arquitecturas (contén os índices, pero non dá acceso ao texto completo).
Galvanización: revista da Asociación Técnica Española de la Galvanización
Informes de la construcción: publicación científica do CSIC, con periodicidade trimestral. Trata temas de arquitectura, enxeñaría, obras públicas, medio ambiente, instalacións, rehabilitación, sistemas construtivos, técnicas de ensaios, resultados de investigacións de compoñentes e sistemas da edificación, etc. A revista vai dirixida a arquitectos, enxeñeiros, empresas construtoras, investigadores e profesionais relacionados coa construción de edificios e obras civís.
Jstor-Artes y ciencias I, II, III: revistas de humanidades, ciencias sociais e xurídicas, ciencias experimentais, ensinanzass técnicase ciencias da saúde desde o século XVIII.
Materiales de construcción: publicación científica do CSIC de periodicidade trimestral dirixida a investigadores, técnicos de fábricas e outros profesionais do campo da ciencia e tecnoloxía dos materiais de construción.
On Diseño (contén os índices, pero non dá acceso ao texto completo).