Patentes e marcas

Ornamentale cartouche met een tekst waarin op 17 juni 1647 het octrooi wordt verleend ... (c) Ornamentale cartouche met een tekst waarin op 17 juni 1647 het octrooi wordt verleend ...

Canadian Patent Database: descrición de patentes e imaxes. Desde 1920 ata a actualidade. Realizada pola Canadian Intellectual Property Office.

Derwent Innovation Index: resumo completo dos inventos de todas as especialidades no mercado mundial: químicos, eléctricos, electrónicos e de enxeñaría mecánica. Acceso só para membros da Universidade da Coruña.

Esp@cenet: proxecto conxunto da Oficina Europea de Patentes e as oficinas nacionais dos estados membros da EPO, con participación da World Intellectual Property. Contén máis de 130 millóns de patentes de todo o mundo.

European Patent Office (EPO): páxina web da Oficina Europea de Patentes. Ofrece información, ligazóns e acceso ás bases de datos de patentes.

Google Patents: motor de busca de Google que indiza patentes e aplicacións de patentes dos seguintes organismos: Deutsches Patent -und Markenamt (DPMA)Canadian Intellectual Property Office (CIPO)Oficina Nacional de Propiedade Intelectual e Industrial da República Popular Chinesa (SIPO), United States Patent and Trademark Office (USPTO), European Patent Office (EPO) e Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI).

Invenes: base de datos da Oficina Española de Patentes y Marcas. Contén información sobre patentes e modelos de utilidade españois e latinoamericanos

Latipat: permite buscar nos documentos de patentes públicos de América Latina e España utilizando a plataforma Espacenet.

Lens: recurso que ofrece información sobre patentes globais e coñecemento académico.

Oficina Española de Patentes e Marcas: organismo da Administración Xeral do Estado que concede patentes e modelos de utilidade, deseños industriais, marcas e nomes comerciais, etc. Tamén difundo a información relativa a estas formas de protección da propiedade industrial.

Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI): é unha organización internacional dedicada a fomentar o uso e a protección das obras do intelecto humano. A propiedade intelectual divídese en dúas categorías: a propiedade industrial e o dereito de autoría.

Patentscope: permite efectuar buscas en máis de 90 millóns de documentos de patente, entre os que se contan 4,2 millóns de solicitudes internacionais de patente PCT publicadas.  Xestionada pola OMPI.

Segapi: servizo da Axencia Galega de Innovación GaIn, que permite rexistrar, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado coa Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), todos os títulos de propiedade industrial.

UAIPIT: portal da Universidade de Alicante sobre propiedade industrial e intelectual e sociedade da información. Contén documentos sobre: protección de invencións, protección de dereitos de autor, etc.

USPTO Open Data Portal: portal de datos abertos da United States Patent and Trademark Office. Consta de catro seccións: conxuntos de datos de patentes e marcas, visualizacións mediante o emprego deses datasets, unha comunidade of desenvolvedores e unha libraría de APIs.