"Unha obra ou contido son abertos se calquera é libre de utilizalos, reutilizalos e redistribuílos, coa única obriga, como máximo, de recoñecemento e/ou compartir-igual."
Principios de Panton: conxunto de principios que teñen como obxectivo dar recomendacións sobre o uso e difundir a importancia dos Open Data para o desenvolvemento eficaz da ciencia e da sociedade.
Abert@s: portal de datos abertos (open data) da Xunta de Galicia para impulsar a apertura de datos en todos os organismos do sector público rexional e promover a súa reutilización.
Data.europe.eu: punto de acceso único a gran variedade de datos elaborados polas institucións e outros organismos da Unión Europea. Os datos pódense utilizar, reutilizar, enlazar e redistribuír gratuítamente con fins comerciais ou non comerciais.
Data.gov: conxunto de datos abertos e dispoñibles gratuítamente para a súa descarga e uso. Moitos dos conxuntos de datos son visibles a través de mapas interactivos
Datos.bne.es: portal de datos bibliográficos da Biblioteca Nacional de España, publicados como Linked Open Data segundo as tecnoloxías da Web Semántica; ofrece ao usuario un novo modo de achegarse ás coleccións da BNE.
Datos.gob.es: portal de carácter nacional que organiza e xestiona o catálogo de información pública do sector público.
Open Government Data, Catalogues: información da Open Knowledge Foundation sobre catálogos de open government data de todo o mundo.
UNdata: a División de Estatística das Nacións Unidas (UNDS) do Departamento de Asuntos Económicos e Sociais (DAES) puxo en marcha este servizo de datos para proporcionar libre acceso ás estatísticas mundiais.
USPTO Open Data Portal: portal de datos abertos da United States Patent and Trademark Office, creado en resposta a popularidade da súa app PatentsView. Consta de catro seccións: conxuntos de datos de patentes e marcas, visualizacións mediante o emprego deses datasets, unha comunidade of desenvolvedores e unha libraría de APIs
World Bank Open Data: acceso aberto e gratuíto a datos sobre o desenvolvemento no mundo na páxina do Banco Mundial.
CKAN (Comprehensive Knowledge Archive Network) é o principal sistema de código aberto (mantido pola Open Knowledge Foundation) para a xestión e accesibilidade de datos.
Data Wrangler: servizo online para o reformateo, limpeza e organización de datasets.
GitHub é un servizo de aloxamento de repositorios baseado en Git, o software de control de versións deseñado por Linus Torvalds. GitHub dispón ademais de interfaz gráfica para web e móbil, e ofrece control de acceso, wikis, xestión de tarefas e sistema de seguimento de erros para cada proxecto. Centos de institucións gubernamentais empregan GitHub para almacenar e difundir os seus datos abertos.
Google Fusion Tables: servizo web de Google para a xestión de datos; permite ordenalos en táboas accesibles en internet e obter visualizacións.
OpenRefine (antes Google Refine): ferramenta para os que queiran reutilizar datos abertos (investigadores, bibliotecarios) que permite limpar, reparar, cambiar o formato e reordenar os datos dos ficheiros contidos en repositorios de open data (de investigación ou de Administracións Públicas).