A Cátedra Empresa Familiar da Universidade da Coruña nace no ano 2005 a través dun convenio de colaboración entre a Universidade e o Instituto da Empresa Familiar, co patrocinio da antiga Caixanova, Inditex e a Asociación Galega da Empresa Familiar.
Este acordo recoñeceu a especial transcendencia e importancia estratéxica da empresa familiar para a economía e a sociedade española, e en particular para Galicia. A cátedra impulsouse co obxectivo de favorecer a docencia, a investigación e a transferencia de coñecemento sobre as características diferenciais das empresas familiares e os distintos problemas que afectan á súa xestión e crecemento.
Ano de creación: 2005
Entidade colaboradora: Inditex e a Asociación Galega da Empresa Familiar
Director/a: María Berta Rivera
Páxina web: https://empresafamiliargaliciacatedras.es/