Horarios de atendemento ao público
Office hours
|
|
---|---|
SEPTEMBER - JULY Monday to Friday: from 09:00 to 14:00 |
|
AUGUST: Closed |
Devolución do importe da matrícula
Para a devolución do importe da matrícula séguense os criterios seguintes:
Consideránse xustificados os seguintes casos:
Cando se considere xustificada a devolución, o Centro de Linguas reterá 12 € en concepto de gastos de xestión.
O prazo estimado para recibir a devolución é dun mes desde a entrega por parte do alumno do impreso de devolución.
Reexpedición de diplomas / certificados
Para a solicitude de duplicados debe cumplimentar este formulario Solicitude de reexpedición de diplomas, e achegalo a centrodelinguas@udc.es
Pique no seguinte enlace para realizar o pago das taxas Acceso ao pago
Organización dos cursos
O tamaño do grupo é un aspecto esencial dun bo ensino de linguas: nin demasiado grande nin demasiado pequeno. Cunha metodoloxía enfocada cara ao desenvolvemento de destrezas comunicativas, os grupos dos cursos teñen un máximo de 18 estudantes.
O Centro de Linguas resérvase o dereito de cancelar os cursos que non alcancen o número suficiente de inscricións, mais faremos o posible por mantelos abertos, sempre que resulte compatible co requisito de autofinanciamento que rexe o funcionamento do Centro. O número promedio de estudantes por grupo está por debaixo de dez.
Que é o Centro de Linguas?
Desde o 2005 o Centro de Linguas da Universidade da Coruña proporciona á comunidade universitaria en especial, mais tamén á comunidade en xeral, unha oportunidade de aprender diferentes idiomas estranxeiros e de ensinar as nosas linguas ao alumnado estranxeiro que nos visita.
Os idiomas que ofrecemos son: español para estranxeiros, inglés, alemán, francés, italiano e portugués. Ofrecemos cursos en diferentes niveis, dende os niveis de inicio ata os superiores, nos cursos que se poden rexistrar en diferentes momentos ao longo do curso. O noso compromiso é axudarlle a cumprir os seus obxectivos de competencia lingüística, independentemente das súas necesidades.