II Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña (2021)
A Universidade da Coruña (UDC), por medio da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación e da Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente, fai pública a convocatoria dos II Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña.
Establécense dous premios por cada modalidade de participación, coas seguintes dotacións:
- PREMIO Á INNOVACIÓN DOCENTE EN APRENDIZAXE-SERVIZO EN MATERIA DE SUSTENTABILIDADE (patrocinado pola Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible)
- 1.º premio: 600 €
- 2.º premio: 400 €
- PREMIO Á INNOVACIÓN DOCENTE EN APRENDIZAXE-SERVIZO EN MATERIA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
- 1.º premio: 600 €
- 2.º premio: 400 €
- PREMIO Á INNOVACIÓN DOCENTE EN APRENDIZAXE-SERVIZO EN MATERIA DE REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES ‒ 1.º premio:
- 1.º premio:600 €
- 2.º premio: 400 €
O prazo de presentación das candidaturas remata o ás 23.59 h do 4 de xuño 20121
Comisión avaliadora:
A selección dos proxectos gañadores será realizada por unha Comisión Avaliadora Externa, formada polos seguintes especialistas en Aprendizaxe-Servizo:
- Ígor Mella Núñez, Universidade de Santiago de Compostela
- Almudena Alonso Ferreira, Universidade de Vigo
- Ángel Fernández Castro, director da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible
- Nélida Pérez Fernández, Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña (AFACO)
Convocatoria:
Resolucións: