Esta edición terá un formato híbrido con una primeira fase virtual e unha sesión presencial durante a mañá do venres 20 de maio de 2022 na Facultade de CC. da Educación.
Para participar como relatore/as, o PDI deberá presentar unha video-comunicación que se subirá á canle de Stream das xornadas nos prazos que se indican no apartado de Participación. Non será necesario presentar abstract porque non haberá proceso de admisión previa.
As liñas temáticas poden ser calquera das establecidas para esta edición das xornadas, que son as seguintes:
Liña 1. Metodoloxías activas en docencia presencial e semipresencial.
Liña 2. Mellora de procesos e instrumentos de avaliación da aprendizaxe.
Liña 3. Titorización e atención ao alumnado.
Liña 4. Uso e aplicación de recursos tecnolóxicos para a mellora da aprendizaxe.
Liña 5. Fomento da responsabilidade social e ambiental universitaria.
Liña 6. Emprendemento e empregabilidade.
Liña 7. Instrumentos e recursos para a mellora da organización e o desempeño docentes.
Liña 8. Accións de divulgación e transferencia do coñecemento á sociedade.
Liña 9. Creación de recursos educativos en aberto.
Liña 10. Accións de innovación educativa para a inclusión, a diversidade e a igualdade de xénero
Ao igual ca nas edicións anteriores, cos textos completos farase unha publicación dixital con ISBN e DOI aloxada no RUC da UDC. Dita publicación vai recoller os textos completos daquelas persoas que queiran dar a coñecer a súa experiencia nesta modalidade. Por este motivo, é importante que se presenten propostas orixinais que non foran publicadas anteriormente por outros medios.
As Xornadas de Innovación Docente están destinadas principalmente a persoal docente e investigador da Universidade da Coruña, polo que para presentar video-comunicacións é preciso ter este perfil. Poderán participar como coatoure/as PDI doutras universidades sempre que a experiencia presentada sexa froito da colaboración con docentes da UDC.
A asistencia é libre para calquera persoa da comunidade universitaria da UDC con interese pola temática das xornadas.