O Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa(CUFIE) creouse no ano 1998 co fin de promover a formación dentro da UDC, así como atender ao desenvolvemento de iniciativas que promovan a innovación dentro sistema educativo.
Son funcións do CUFIE:
A formación do profesorado dos diversos niveis educativos no ámbito formal e non formal.
O asesoramento e orientación educativa a profesores, centros, institucións e persoas.
O apoio á innovación educativa nas súas diversas facetas e dende as distintas especialidades e disciplinas.
A potenciación e difusión de experiencias, traballos e materiais de interese pedagóxico.