- Mellorar os procesos involucrados no proceso de ensino-aprendizaxe.
- Avaliar as necesitades da comunidade universitaria (PDI e alumnado) a través do Plano Director Docente, para a proposta de accións de mellora.
- Aumentar a calidade dos procesos educativos a través da formación e asesoramento da comunidade universitaria.
- Facilitar o procesos de actualización sobre aspectos pedagóxicos e didácticos.
- Favorecer a reflexión e a autocrítica para potenciar procesos de cambio nos procesos de ensino-aprendizaxe.
- Promover a integración das TIC nos procesos de traballo da comunidade universitaria a través dunha formación técnica e pedagóxica que posibilite o seu mellor aproveitamento.
- Dar a coñecer o Plan de Converxencia Europea e os problemas da súa incorporación á universidade.
- Aumentar o nivel da calidade de vida da comunidade universitaria mediante a mellora dos hábitos e estratexias de coidado da saúde.