O Plano de Apoio á Aprendizaxe está orientado a favorecer a mellora e desenvolvemento das competencias do alumnado. Con este fin marcamos os obxectivos que se describen a continuación:
- Proporcionar os recursos necesarios para afrontar os retos do novo contexto do ensino universitario.
- Integración ao alumnado nas novas formas de ensino e aprendizaxe do EEES.
- Favorecer a reflexión e a autocrítica para potenciar o procesos de ensino-aprendizaxe.
- Integrar as TIC no proceso de aprendizaxe.
- Desenvolver hábitos e técnicas de traballo e estudo que melloren o proceso de aprendizaxe.
- Desenvolver hábitos e estratexias de coidado e saúde.
- Dotar ao alumnado de recursos de cara á súa integración no mercado laboral.