A difusión do Plan de Apoio ó Ensino faise por dobre vía: a través das listaxes de correo da UDC e a través da web do CUFIE.
Os cursos terán lugar entre novembro de 2024 e xuño de 2025, nas datas indicadas no programa de cada un dos cursos.
Os cursos realizaranse nos aularios do CUFIE no Campus da Coruña ou, de ser o caso, nunha ubicación específica da que se informará en cada curso en concreto.
O profesorado adscrito aos centros do Campus de Ferrol, pode solicitar o abono dos gastos de viaxe para a realización de calquera dos cursos no Campus de A Coruña.
Solicitude de reembolso de gastos de viaxe:
No seguinte formulario ten que encher os campos correspondentes e envialo xunto cunha fotocopia do certificado de asistencia e os resgardos de autoestrada (de ser o caso) nun prazo máximo de dez días unha vez rematado o curso.
No caso de que para efectuar o desprazamento exista itinerario por autoestrada, é obrigatorio achegar os xustificantes da peaxe de autoestrada, e non serán indemnizables os traxectos alternativos por estrada.
(Para calquera dúbida coa axuda de custo por desprazamento, pode chamar ao 5619 ou escribir un correo electrónico a administracion.cufie@udc.es)
A preinscrición realizarase a través de formularios electrónicos na web do CUFIE, dentro dos prazos establecidos, sinalados en cada unha das quendas correspondentes a cada mes.
Os horarios dos prazos de preinscrición que se establecen serán dende as 10:00 horas da primeira xornada ate as 14:00 horas da última sinalada en cada unha das quendas.
A preinscrición non implica estar matriculado no curso por mor do límite de prazas. A confirmación da admisión en cada curso comunicarase por correo electrónico ao enderezo que facilitará a persoa interesada no formulario de preinscrición. Posteriormente exporanse as listaxes na web do CUFIE.
Para que un curso poida celebrarse ten que haber un mínimo de 15 participantes.
Toda aquela persoa que non puider asistir o curso en que sexa admitida, debe comunicalo ao CUFIE, para avisar outra persoa interesada da lista de agarda.
O prazo de notificación da renuncia ao curso é de 3 días lectivos antes do inicio do curso e terá que ser enviada, por correo electrónico á dirección ufa@udc.es.
Debido á grande demanda dos cursos, cunhas listaxes de agarda longas, a persoa que non asista a un curso ou non notifique a súa falla nos prazos establecidos, pasarán automáticamente ao final das listaxes de agarda e só poderán realizar o curso no caso de que queden prazas libres.
Nos cursos virtuais, así como nos que teñen unha parte virtual, aquelas persoas que non accedan ao curso durante os primeiros tres días, serán dadas de baixa automáticamente e sancionadas para o resto do curso académico.
A participación de proveito en cada curso implica a emisión dun certificado expedido pola Universidade da Coruña, asinado polo vicerreitor de titulacións e internacionalización e o director do CUFIE.
Os certificados enviaranse por correo electrónico á conta de correo corporativo da persoa interesada.
Para que a participación sexa considerada de proveito terase a obriga de asistir un mínimo do 85% do curso e superar as tarefas asignadas (no caso das actividades formativas en modalidade semipresencial o 85% de asistencia aos seminarios en liña ou presenciais compútase do total de número de horas do curso).