Obxectivos

 

  • Mellorar a calidade da docencia universitaria facilitando procesos de actualización sobre aspectos pedagóxicos e didácticos.
  • Favorecer a reflexión e a autocrítica para potenciar procesos de cambio nos procesos de ensino-aprendizaxe.
  • Promover a integración das TIC nos procesos de ensino e aprendizaxe a través dunha formación técnica e pedagóxica que posibilite o seu mellor aproveitamento.
  • Dar a coñecer o Plan de Converxencia Europea e os problemas da súa incorporación á universidade.
  • Favorecer a análise, deseño de propostas e liñas de traballo do novo contexto de educación superior europeo.
  • Desenvolver hábitos e estratexias de coidado e saúde para favorecer a prevención de patoloxías asociadas á profesión docente para garantir as condicións óptimas do desenvolvemento profesional.
  • Facilitar o achegamento e coñecemento do marco lexislativo e institucional no que se enmarca a Universidade da Coruña.