Plan de Formación para Axudantes Doutores/as (PFAXD)

A formación do profesorado de nova incorporación nas universidades españolas pasou a ser un piar fundamental para garantir a mellora da calidade do ensino superior, así como o progreso do desenvolvemento profesional docente a través da mellora das competencias do profesorado para tal fin. No caso específico do colectivo de axudantes doutores/as, a propia Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario (máis coñecida como LOSU), recólleo como unha esixencia ao sistema universitario no seu artigo 78.b:

"Para o desenvolvemento da súa capacidade docente, as Profesoras e Profesores Axudantes Doutores deberán realizar, no primeiro ano de contrato, un curso de formación docente inicial cuxas características serán establecidas polas universidades, dacordo coas súas unidades responsables da formación e innovación docente do profesorado"

É neste contexto onde nace esta proposta para brindar a este colectivo dun paso inicial cara a unha sólida formación teórica que lles permita desempeñarse de maneira exitosa nos seus roles docentes e de investigación. Esta formación confórmase como un punto de partida obrigatorio pero que logo poden completar con outras actividades formativas que se recollen no CUFIE.