Cada perfil de participación terá un itinerario diferente, indicado ao final destas bases.
A formación será presencial nos dous cursos teóricos inciais obrigatorios. Estes cursos realizaránse nos meses de outubro e febreiro de cada ano académico.
Respecto aos cursos optativos seguiranse as especificacións descritas para cada un deles no referinte á modalidade e horarios. Os cursos terán lugar entre outubro e xuño de cada ano académico.
O curso práctico final obrigatorio será de traballo persoal do alumnado coa mentorización presencial e/ou telemática da persoa que titorice. Realizarase cando a parte obrigatoria inicial e a parte optativa xa esté completada. As titorías e a súa modalidade serán pactadas entre ambas partes.
* Tódalas persoas deben estar vencelladas á UDC
A preinscrición realizarase a través de formularios electrónicos dentro dos prazos establecidos para cada unha das partes.
Os formularios de preinscripción ábrense ás 10:00h do primeiro día e péchanse ás 23:59h do último día dos prazos sinalados.
Pode consultarse toda a información de cada un dos cursos no Índice de contidos.
A preinscrición nas accións formativas non implica estar matriculado no curso por mor do límite de prazas.
A confirmación da admisión en cada curso comunicarase por correo electrónico ao enderezo que facilitará a persoa interesada no formulario de preinscrición de cada unha das formacións.
Posteriormente exporanse as listaxes na web do CUFIE.
Toda aquela persoa que non poida asistir ao curso no que sexa admitida debe comunicalo ao CUFIE, co obxectivo de notificar en tempo e forma a outra persoa interesada da lista de agarda.
O prazo para comunicar a renuncia ao curso é de 3 días lectivos antes do inicio do curso e deberá enviarse por correo electrónico a ufa@udc.es.
Debido á alta demanda dos cursos, aquelas persoas que non cumpran os requisitos de asistencia a un curso ou non notifiquen a súa ausencia nos prazos establecidos pasarán automaticamente, durante ese curso académico, ao final das listas de agarda, e só poderán realizar as formacións integradas no PFCTPD no caso de que queden prazas libres.
Para a obtención da acreditación da formación, o alumnado pertencente aos grupos R1 e R2 deberá completar:
A duración total da formación será de 150 horas (6 créditos ECTS), 30h teóricas de cursos obrigatorios, 60h teóricas de cursos optativos a elixir polo estudantado entre a oferta do PAI e 60h do traballo práctico final.
IMPORTANTE: A certificación dos cursos do bloque optativo faráse para cada curso por separado, deste xeito a certificación que se emitirá será polo primeiro e último bloque, en total 90 horas, emitidos para cada formación por separado.
Para a superación do plan, é imprescindible superar con éxito os cursos da formación obrigatoria e optativa, cun total de 90 horas.
Para superar o curso práctico final será necesario presentar a proposta desenvolvida durante a formación e obter unha avaliación positiva na presentación final do proxecto. Esta presentación será avaliada por un panel de expertos/as, que valorarán tanto a calidade da proposta como a capacidade da persoa para comunicala de forma clara e efectiva.
O rigor no proceso de avaliación garante que as persoas participantes adquiran e demostren as competencias necesarias para a presentación de propostas de investigación competitivas a nivel autonómico, nacional e europeo.
O certificado que acredita a formación expediráse por 150 horas e incluirá todo o itinerario formativo realizado.
Para a obtención da acreditación da formación, o alumnado pertencente aos grupos R3 e R4 deberá completar:
A duración total da formación será de 90 horas (3,6 créditos ECTS), 30h teóricas de cursos obrigatorios e 60h do traballo práctico final.
Para a finalización do plan, é imprescindible superar con éxito os cursos da formación obrigatoria e superar o curso práctico final. Será necesario presentar a proposta desenvolvida durante a formación e obter unha avaliación positiva na presentación final do proxecto. Esta presentación será avaliada por un panel de expertos/as, que valorarán tanto a calidade da proposta como a capacidade da persoa para comunicala de forma clara e efectiva.
O rigor no proceso de avaliación garante que as persoas participantes adquiran e demostren as competencias necesarias para a presentación de propostas de investigación competitivas a nivel autonómico, nacional e europeo.
O certificado que acredita a formación expediráse por 90 horas e incluirá a formación teórica e práctica.