Os horarios dos prazos de preinscrición que se establecen serán dende as 10:00 horas do 10 de outubro ate as 23:59 horas do 17 de outubro de 2018.
Cando se abran os prazos de preinscrición aparecerá un enlace para poder ter acceso ao formulario de preinscrición e, cando remate o prazo, publicaránse tanto as listaxes de preinscrición como as de admisión.
O curso terá unha parte en modalidade en liña do 29 de outubro ao 25 de novembro de 2018 a través da plataforma Moodle da UDC e unha xornada presencial no CITIC o día 5 de novembro de 10:00 a 14:00 horas.
Módulo | Contidos |
---|---|
1. Protección de resultados de investigación | En qué consiste a propiedade industrial, modalidade de protección e características, propiedade intelectual e dereitos de autor, requisitos de patentabilidade das invencións, protección das invencións no extranxeiros, publicar vs patentar, as patentes universitarias. |
2. Difusión e visibilidade dos resultados de investigación | Criterios das axencias de acreditación e avaliación, ónde publicar, elementos relevantes para aumentar a difusión dos traballos, recomendación saos investigadores no ámbito dos dereitos de autor, a identidade dixital, normalización da sinatura, a filiación institucional, os identificadores e perfís dixitais, as redes sociais científicas. |
3. A carreira investigadora en Galicia | Introdución as etapas da carreira investigadora, etapa predoutoral e posdoutoral en Galicia, oportunidades en España e Europa, outras vías complementarias |
Máis información no tríptico do programa de formación.