Voleibol

Escola deportiva

Escola anual para a iniciación e práctica do voleibol. Dirixida para todos aqueles membros da Comunidade Universitaria que teñan o Abono Deportes do actual curso académico.

Instalación: Pavillón de Deportes do campus de Elviña

Todas as escolas deportivas rexeranse polo calendario académico universitario. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día, non haberá clases e non se recuperarán.

Os universitarios/as (alumnos/as de Grao) que tomen parte nalgunha escola deportiva, terán a posibilidade de obter o recoñecemento de créditos (consultar o apartado de normativa), de ter unha asistencia mínima ás sesións do 85% durante todo o curso académico.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha escola de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

Máis información e inscrición: A Coruña

 

Selección universitaria de voleibol

Se queres formar parte da selección universitaria de voleibol inscríbete aquí

 

Competicións

Competicións internas: A Coruña

Competicións externas

 

Instalacións

Pavillón de deportes campus de Elviña

Información e reservas