Competicións internas: A Coruña
COMO ACCEDEMOS Á INSTALACIÓN?
- Se a reserva é gratuíta (todos/as abonados/as á Área de Deportes) TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES terán que identificarse no lector da pista co código QR da súa ficha do udcxest.udc.gal (terase que identificar primeiro a persoa que fixo a reserva e, a continuación, os/as demais participantes).
-Cando a reserva non é gratuíta terá que identificarse co código QR SÓ a persoa que fixo a reserva. Este/a usuario/a queda obrigado/a a indicar, no caso de ser necesario, quen participou con él/ela na reserva.
Indicamos a continuación cales son os pasos para obter o código QR:
acceder a udcxest.udc.gal
Autenticarse en “Usuario/a” (arriba á dereita)
Nada máis acceder á súa ficha, verá o botón onde pode descargarse o seu código QR
Guía para a modificación ou anulación da sesión de uso libre