Aula Náutica

Dende o curso 2014/2015 a Área de Deportes encárgase da dirección da Aula Náutica da UDC. Trátase dun edificio polivalente que nos permite organizar actividades de todo tipo, dende as actividades propiamente náuticas pasando polos cursos de formación ou as actividades dirixidas de exercicio e saúde ata a posibilidade do seu aluguer para obradoiros, congresos, seminarios, eventos, cursos de verán...

AULA NAUTICA UDCTV

 

Para poder participar en calquera actividade programada pola Área de Deportes da UDC, todos os membros da Comunidade Universitaria deberán ser Abonados/as da Área de Deportes.

Os usuarios/as Non Universitarios deberán abonar unha Matrícula, a maiores do prezo da actividade en cuestión na que se anoten, para poder participar nas actividades abertas a eles/as.

 

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

A continuación especifícanse as actividades náuticas :

  1. Cursos de Vela Lixeira
  2. Bautizos Subacúaticos
  3. Cursos de Catamarán
  4. Cursos de Windsurf
  5. Cursos de Surf

Inscricións

 

Poderás inscribirte no seguinte curso de Formación:

  • Cursos Teóricos de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER).

Inscricións

  • Cursos Teóricos de Patrón de Navegación Básica (PNB).

Inscricións

  • Cursos de Mergullo Deportivo

Inscricións

 

Nota: No caso de peche do Dique de Abrigo por parte da Autoridade Portuaria, as actividades náuticas quedarán suspendidas durante o prazo que se estime oportuno en función das condicións marítimas.