Preguntas frecuentes

O pagamento das tarifas realízase en liña (https://www.udc.es/deportes), con tarxeta de crédito/débito.

Si. Moitas das nosas actividades tamén están abertas ao público xeral. Na ficha das actividades pode verse, no apartado de Tarifas, se hai unha tarifa dispoñible para persoas externas á Universidade da Coruña.

Si. Para poder inscribirse nas actividades ofertadas pola Área de Deportes, a comunidade universitaria ten que tramitar o Abono Deporte antes de pagar a tarifa da actividade na que se queira inscribir. No caso das persoas externas, ten que tramitar previamente o Abono Matrícula.

Non. As dúas figuras son obrigatorias para a inscrición en actividades (o Abono Deporte para a comunidade universitaria e a Matrícula para as persoas externas á Universidade da Coruña), pero a Matrícula para persoas externas só é válido para a inscrición nas actividades, mentres que o Abono Deporte inclúe, por exemplo, o uso gratuíto de instalacións deportivas (no caso de que todas as persoas participantes teñan o Abono Deporte).

Non. Ademais do Abono Deporte ou da Matrícula para persoas externas, que se paga unha vez por curso académico, cada actividade ten a súa tarifa específica.

Non. Só terá que pagalo no caso de que sexa admitido/a finalmente na actividade. De producirse algunha baixa entre as persoas inscritas na actividade, a Área de Deportes contactará coa persoa á que lle correspondería a praza segundo a orde da listaxe de agarda.

En moitos casos, en vez de abrir os prazos na inscrición directa (botón de “Inscribirse”) ábrense en preinscrición (botón de “Reservar praza”) para que a persoa interesada non pague a actividade ata que se alcance un número suficiente de preinscricións e ter así a seguridade de que a actividade vai comezar. Cando se alcanza ese mínimo, ábrese o prazo de confirmación (de pagamento).

Non. Só está dispoñible para a comunidade universitaria.

O Abono deporte é obrigatorio para poder inscribirte na Sala Fitness/Musculación, pero ademais hai que tramitar o pagamento da tarifa correspondente á dita instalación.

Como no resto de instalacións da Área de Deportes da UDC, tes que reservar previamente a túa sesión.

Si. Se estás inscrito/a nun dos campus, o sistema permíteche reservar en calquera dos dous.

Deberá identificarse no lector da entrada co código QR da súa ficha do udcxest.udc.gal

Nestes momentos poden reservarse a pista de tenis e a pista de pádel. Tamén se poden tramitar os accesos á pista de atletismo.

 Se tes o Abono Deporte, podes acceder de forma gratuíta á pista de atletismo. No resto de instalacións, a reserva tamén sería gratuíta se todas as persoas  participantes da reserva son abonadas.

Se non tes o Abono Deporte ou es alleo/a á UDC, poderás acceder ás ditas instalacións, logo de tramitar a reserva (no caso das pistas de tenis e pádel ). ​Tamén poderás tramitar os correspondentes bonos para acceder á pista de atletismo.

A través da páxina web de Deportes:

 

O pagamento da reserva só o tramita unha das persoas participantes da reserva.

As tarifas publicadas refírense ao prezo por reserva, non por persoa.

Para acceder ás instalacións deportivas que teñen entrada polo Estadio Universitario A Mariña Dourada do campus de Elviña e ás pistas de pádel, deberán identificarse nos lectores da entrada co código QR da súa ficha do udcxest.udc.gal