(poderán modificarse en calquera momento para adaptarse á normativa Covid vixente)
20 de abril de 2022
Logo da publicación con data de 20 de abril, do Real decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obriga do uso da máscara durante a situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19 relativo á supresión do uso obrigatorio de máscaras en interiores, así como atendendo ás indicacións da Comisión Sectorial de Crue-Sostenibilidade, a proposta do seu Grupo de Traballo "Prevención de Riscos Laborais", e segundo os nosos criterios en materia de preventiva de acordo ás circunstancias dos centros e dos distintos espazos de traballo da UDC, trasladamos a seguinte información que aplicará ao menos ata a finalización do actual curso universitario 2021-22, salvo modificación lexistativa posterior:
- Con carácter xeral, o uso da máscara en interiores será voluntario.
- Recoméndase o seu uso en espazos pechados sen ventilación, nos que as persoas non poidan garantir a distancia interpersoal de 1,5 metros (aulas, bibliotecas, laboratorios, talleres, salas de reunións, despachos, salón de graos, etc.)
- Recoméndase para todas as persoas cunha maior vulnerabilidade ante a infección pola covid-19, que se manteña o uso da máscara en calquera situación na que se teña contacto prolongado con persoas a distancia menor de 1,5 metros.
- Será origado o seu uso nas instalacións que teñan a consideración de establecimientos sanitarios.
25 de febreiro de 2022
ORDE do 24 de febreiro de 2022 pola que se prorrogan e se modifican a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 39-Bis, de 25 de febreiro)
Na situación actual, ponderando a incidencia que a exixencia do certificado supón nos dereitos fundamentais coa evolución epidemiolóxica, non se considera necesario prorrogar a eficacia da exixencia do certificado COVID nalgúns ámbitos e actividades en que viña sendo de aplicación, como son os de hostalaría e restauración, lecer nocturno, albergues turísticos, actividades de xogo, centros ou instalacións deportivas pechadas ou en piscinas cubertas, así como para o acceso a eventos multitudinarios ou a aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos ou bebidas para o seu consumo durante eles. A eficacia destas medidas decaerá, polo tanto, ás 00.00 horas do día 26 de febreiro.
11 de febreiro de 2022
ORDE do 11 de febreiro de 2022 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 29-Bis, de 11 de febreiro)
28 de xaneiro de 2022
ORDE do 26 de xaneiro de 2022 pola que se prorrogan e se modifican diversas ordes polas que se establecen medidas cualificadas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 19-Bis, de 28 de xaneiro)
Prorrógase ata as 00.00 horas do día 12 de febreiro de 2022 a eficacia das medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para a práctica de actividade física ou deportiva non federada nos centros ou nas instalacións deportivas pechadas ou nas piscinas cubertas.
14 de xaneiro de 2022
ORDE do 12 de xaneiro de 2022 pola que se prorrogan e se modifican diversas ordes (unha delas, a correspondente á do 14 de decembro de 2021) polas que se establecen medidas cualificadas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 9-Bis, de 14 de xaneiro)
17 de decembro de 2021
ORDE do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos e se prorrogan diversas ordes como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 241, de 17 de decembro), dende as 00:00 h do 18 de decembro, todas as persoas usuarias do ximnasio e das actividades dirixidas que se desenvolven en instalacións deportivas pechadas, para poder acceder ás ditas instalacións, terán que asistir cun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:
1. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.
2. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa.
3. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.
22 de outubro de 2021
Orde do 22 de outubro de 2021 (DOG núm. 204-bis) pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde do 7 de outubro de 2021 (DOG núm. 195) pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo o anterior, informámolos/as das medidas específicas para actividades e instalacións deportivas que, seguindo indicacións do Servizo de Prevención de Riscos da UDC, adaptou a Área de Deportes:
Orde do 28 de maio de 2021 (DOG núm. 99-bis) pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 86-bis) pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
ORDE do 17 de marzo de 2021 (DOG núm. 52-bis) pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
ORDE do 25 de febreiro de 2021 (DOG núm. 38-bis) pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
26 de xaneiro de 2021
Novas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiológica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, publicadas no DOG (Núm. 16-bis), do 26 de xaneiro de 2021.
22 de outubro de 2020
Ante a nova orde publicada no DOG (Núm. 212-Bis), que entrou en vigor desde as 00:00 h do día 22 de outubro de 2020 por unha duración de 14 días (salvo modificación), pola que se establecen novas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19, informámolos/as das medidas específicas para actividades e instalacións deportivas que, seguindo indicacións do Servizo de Prevención de Riscos da UDC, adaptou a Área de Deportes:
- Nas actividades dirixidas que se realicen en sala, dividirase o grupo en 2. Repartíndose a metade do grupo na parte anterior da sala e a outra metade na parte posterior, deixando o maior espazo posible (min. 1,5 m) entre os dous grupos.
- Cando as actividades se realicen no exterior, manterase a separación e a mesma distribución do grupo.
- Non poderá haber grupos de máis de 5 persoas (sen contar o monitorado).
- Nas actividades que teñan cuberto o 100% das inscricións, poderá haber, como máximo, un grupo de 5 persoas e outro de 4 persoas.
- Nas salas, cada alumno/a manterá a o seu espazo de traballo marcado (cuadrícula de 4 m2), polo menos, durante estes 14 días.
- O persoal que imparte a actividade rexistrará as asistencias e a posición (na cuadrícula) do alumnado.
- Na medida do posible, cando as características da actividade e o tempo o permitan, as actividades realizaranse no exterior.
- Continuar coas normativas, medidas e pautas de actuación da Área de Deportes fronte á Covid19, publicadas no seu día, e que se poden consultar neste mesmo espazo web.