Desde a Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte, a través da súa Área de Deportes, queremos lembrar a importancia de manter un estilo de vida activo e adquirir uns hábitos de vida saudables.
Por este motivo, co obxectivo de aumentar a calidade de vida e o benestar da comunidade universitaria, impulsamos o proxecto "Pausa en Movemento" para o presente curso académico. Este programa da Área de Deportes está dirixido principalmente ao PTXAS, PDI e PEC e consiste na realización de breves rutinas, de forma autónoma, duns aproximadamante 15 minutos de duración, de exercicios sinxelos que se poden realizar de forma rutineira na propia oficina, sen necesidade de material. Busca involucrar a musculatura máis afectada pola postura diante do ordenador. Este programa pretende axudar a evitar tensións e molestias corporais, eliminar o estrés e mellorar a atención e a concentración.
Por todo isto, queremos convidar a toda a comunidade universitaria a visualizar e realizar de forma habitual estas dúas pequenas rutinas (cunha duración aproximada de 15 minutos) de exercicios, guiadas por unha educadora titulada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte: