Para poder participar en calquera actividade programada pola Área de Deportes da UDC, todos os membros da Comunidade Universitaria deberán ter o Abono Deporte, e o Público en Xeral deberá abonar a Matrícula da Área de Deportes.
Poderás inscribirte ao longo do curso académico.
Todas as actividades de Exercicio e Saúde rexeranse polo calendario académico universitario do curso actual. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día non haberá clases e non se recuperarán.
Os/as usuarios/as que teñan feita unha inscrición no primeiro cuadrimestre, terán a preferencia para a reserva da praza que ocupan no segundo cuadrimestre, abríndose para eles/as un periodo de renovación anterior ao prazo de inscrición do segundo cuadrimestre.
Nalgunhas actividades poderase obter o recoñecemento de créditos (alumnos/as de Grao) (normativa e resolución reitoral) superando o 85 % da asistencia.
A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.
Para máis información e inscricións, pincha aquí e escolle a túa actividade.