Seguros de accidentes

Seguros de accidentes para actividades organizadas e dirixidas pola Área de Deportes (para usuarios co Abono ou Matrícula da Área de Deportes en vigor no presente curso académico)

 

-Alumnado menor de 28 anos sen alta na Seguridade Social (ver condicións e centros médicos SEGURO ESCOLAR)

Procedemento en caso de accidente:

Antes de visitar o centro médico, deberán de entregar nas oficinas da Área de Deportes, ou enviar ao correo electrónico de contacto, o seguinte documento correctamente cuberto. Posteriormente, o dito documento, revisado e asinado pola Área de Deportes, deberá ser presentado pola persoa interesada na secretaría do centro universitario onde estea matriculada e onde lle formalizarán os trámites correspondentes.

Unha vez rematados os anteditos trámites na secretaría do centro, poderá acudir ao centro médico correspondente.

No casos de urxencias médicas, poderán acudir directamente ao centro médico correspondente e efectuar posteriormente os anteditos trámites

 

-Os resto dos usuarios (alumnado maior de 28 anos ou con alta na Seguridade Social, PTXAS, PDI, PEC, cónxuxes e fillos de membros da comunidade universitaria e usuarios Non universitarios). Ver condicións e centros médicos SEGURO HAC LUCE ACCIDENTES (CUM LAUDE).

En caso de accidente, o alumnado co seguro HAC LUCE deberá de poñerse en contacto coa compañía aseguradora: ARTAI - Correduría de seguros, S.A. coruna@artai.com R/ Juan Flórez, 42, 1º - 15004. 981 233 625

Antes de visitar o centro médico, deberán de entregar nas oficinas da Área de Deportes, ou enviar ao correo electrónico de contacto, o seguinte documento correctamente cuberto. Posteriormente, o dito documento, revisado e asinado pola Área de Deportes, deberá ser presentado pola persoa interesada na compañía aseguradora: ARTAI - Correduría de seguros, S.A. coruna@artai.com R/ Juan Flórez, 42, 1º - 15004. 981 233 625

No casos de urxencias médicas, poderán acudir directamente ao centro médico correspondente, facendo referencia da prestación médica a través do seguro HAC LUCE ACCIDENTES (CUM LAUDE) e efectuar posteriormente os anteditos trámites.

 

-O alumnado da Universidade Sénior deberá de consultar previamente as condicións do seu seguro de accidentes (contratado pola Universidade Sénior) na secretaría ou dirección da propia Universidade Sénior.    

      

* As actividades en períodos non lectivos (campamentos e campus deportivos), terán o seu propio seguro de accidentes.

* Quedan excluídos os usos libres de instalacións (alugueiros e reservas de instalacións)