O Plan de Acción Titorial é unha oferta formativa da UDC, complementaria á realizada na docencia das materias e que integra un tipo diferente de actuacións. A súa finalidade é darlles cobertura ás necesidades do alumnado, que se corresponden con distintos momentos da súa estadía na Universidade, como as seguintes:
O PAT está dirixido tanto a estudantes de 1º e 2º de Grao coma de Dobre Grao. Cada alumno terá asignado un Profesor Titor, que en todo caso impartirá docencia na titulación na que o alumno estea matriculado.
O alumno reunirase co titor ao comezo do curso. As seguintes reunións terán lugar cando o titor e o alumno consideren conveniente. Como regra xeral, na práctica estase a ter unha reunión cada trimestre, sen prexuízo de que poidan ser mais frecuentes si o alumno ou o titor o consideran adecuado.
O coordinador do PAT na Facultade, que actualmente é o Prof. Jorge Crego Blanco, resolverá cantas dúbidas ou problemas poidan xurdir no desenvolvemento das titorías. Así mesmo, integrará as directrices que o coordinador xeral do PAT da Universidade entenda que son necesarias para o mellor funcionamento das titorías.