Recensión histórica

Edificio de nova construción (2001) que obtivo o Premio de Arquitectura Rodolfo Ucha 2001 para aquelas obras recentemente construídas.

Ocupa o espazo do Camiño de Rolda da Antiga Muralla da cidade -zona polémica, 1928-. No Proxecto Tollet (1894) este espazo non pertencía ao Hospital da Nosa Señora das Dores e, após a súa cesión por parte do Exército de Terra –na época da guerra civil– construíuse un edificio de andar baixo que formaba conxunto co que na actualidade ocupa o edificio dos Obradoiros Tecnolóxicos.

Inicialmente foi destinado a dormitorios de mariñeiría –contaba con cento dez camas– e con posterioridade (ano 1946) a cociñas e comedores de dotación.

Unha parte deste terreo edificable tamén acolleu, desde 1943 ata 2000, un depósito de cadáveres. Esta zona hoxe, en case a súa totalidade, (avenida de Vigo, esquina rúa Antelo) está destinada a xardíns.

Arquitectos: D. Joaquín Fernández Madrid e D. Pedro Iglesias Pereira
Construtor: COPASA