---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
(Artigo 41 do Regumento de Estudos de Doutoramento da UDC)
Segundo o que establece o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, a tese de doutoramento poderá consistir no conxunto de traballos que o/a doutorando/a ten publicados, ou conta coa aceptación definitiva para a súa publicación, durante a etapa de realización da tese de doutoramento.
As condicións específicas desta modalidade están recollidas no artigo 41 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
(Artigo 33 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC)
Segundo o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, a tese de doutoramento redactarase, como norma xeral, en lingua galega, castelá, inglesa ou portuguesa ou no idioma de uso común no ámbito científico, técnico ou artístico do que se trate. Porén, o órgano responsable dos estudos de doutoramento na universidade poderá autorizar a súa redacción noutro idioma, logo de que a CAPD informe favorablemente e garanta que o tribunal estea en condicións de xulgala. No caso de que se redacte nunha lingua distinta do galego ou do castelán, a tese deberá incluír un anexo, incluído no propio volume da tese, que conterá un resumo de, polo menos, tres mil palabras en galego ou en castelán.