O emprendemento hoxe en día, gañou unha gran importancia pola necesidade de moitas persoas de lograr a súa independencia e estabilidade económica. Todos o estudantado e persoas egresadas da UDC contan co apoio do persoal técnico de autoemprego que lles ofrecen un asesoramento integral para a creación dunha empresa.
Este espazo pretende amosar os programas, actividades e iniciativas que se desenvolven desde a Unidade de Emprego para axudarte nestes primeiros pasos, ofrecendo recursos, orientación e apoio para explorar o emprendemento dunha maneira accesible, práctica e próxima. Neles trabállanse cuestións como a xeración e validación de ideas, a identificación de necesidades e oportunidades, a creatividade, o traballo en equipo ou a planificación básica dun proxecto. Tamén se busca fomentar habilidades emprendedoras como a iniciativa, a capacidade de adaptación, a comunicación e a resolución de problemas, fundamentais tanto para crear unha empresa como para o desenvolvemento profesional e persoal.